
- Este evento ha pasado.
Xornada: Posibilidades do aproveitamento resineiro na comunidade autónoma galega
27 de septiembre, 2018
Programa da xornada
O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queiro, abirá a xornada ás dez da mañá, seguido da intervención de Gregorio Chamorro García, representante da Secretaría Xeral de Política Forestal, que falará sobre as actuacións da administración forestal do Estado en relación coas resinas naturais. A continuación, Juan Carlos Álvarez Cabrero, da Asociación Nacional para a Vertebración e Defensa do Sector Resineiro, expoñerá a situación do sector en España o seu potencial como motor de desenvolvemento rural. E Gregorio Luis Cazurro, da Sociedad de Resinas Naturales, centrará a súa presentación na adaptación dos montes galegos á resinación. Finalmente, a sesión da mañá pecharase cunha mesa redonda.
A xornada continúa ás 16.00 horas coa intervención de Manuel Francisco Marey, da Universidade de Santiago de Compostela, que falará do futuro do sector forestal galego e da necesidade de novas alternativas. A continuación participarán Érika Martínez, de Letme Soluciones, e Manuel Guaita Fernández, que falarán do aproveitamento resineiro como actividade para valorizar o sector forestal e o papel da madeira de coníferas e o seu papel na economía circular. Unha mesa redonda moderada por Fernández Reija poñerá o colofón ao evento, aproximadamente ás 20.00 horas.
O programa da xornada está dispoñible na web www.deputacionlugo.gal. A inscrición pode facerse a través do correo und.medioambiente@deputacionlugo.org e no teléfono 982 227 813.