lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada Rede Museística pola diversidade e inclusión

7 de febrero, 2020

Xornada Rede Museística pola diversidade e inclusión

Organizada pola Rede Museística da Deputación de Lugo, coa colaboración de COGAMI Lugo, o vindeiro venres, día 7, terá lugar no Museo Provincial de Lugo unha Xornada da Rede Museística pola diversidade e Inclusión que se vai desenvolver de acordo co seguinte:

PROGRAMA

De 10:00 a 10:30 horas: Presentación de material adaptado, que correrá a cargo de Javier Rego, Omar Luaces, Victoria García Soengas, Paula Arias, Manuela Trigo, Xosé Urbano, Ángeles Miguélez, Xoán Carlos García Souto.

De 11:00 a 12:30 horas: Aproximación á impresión 3D elaborando produtos de apoio para a vida diaria, obradoiro que será impartido por Cristina Novo Díaz (terapeuta ocupacional) e Alberto Álvarez Fernández (informático), de COGAMI Lugo. Trátase dun taller destinado a persoas de tódalas idades que non tiveran un contacto previo coa impresión 3D, no que se trasladará un coñecemento inicial deste tipo de impresoras e as súas posibilidades de cara a realizar produtos que facilitan a realización de tarefas cotiás e o desenvolvemento de intereses para as persoas con discapacidade. E todo isto dende unha perspectiva de baixo custe, dende a cultura do deseño aberto e compartido, con unha ampla dose de creatividade e imaxinación.

De 12:30 a 13:00 horas: Visita adaptada ODS Axenda 2030. A métrica do ilusionismo na Rede Museística Provincial de Lugo, a cargo de Encarna Lago e José Urbano Cuevas.

Ás 17:00 horas: Parladoiro sobre Museos sensibles coa discapacidade visual que contará coa intervencións de Teresa Díaz Diaz, Encarna Lago, Ángeles Miguélez e José Urbano Cuevas.

Detalles

Fecha:
7 de febrero, 2020
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
Teléfono:
982 24 21 12
Web:
http://redemuseisticalugo.org/index.asp
X