jueves, septiembre 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada sobre a nova Lei de Espectáculos Públicos de Galicia

27 de junio, 2018 - 10:00 - 14:00

Aberta e de balde

Programa
9:45 horas.- Recepción dos asistentes.
10:00 – 11:00 horas.- Aspectos xerais da Lei 10/2017. Especial referencia ás competencias municipais, o réxime de intervención administrativa e as verbenas e festas populares. Por Ana Purificación Otero Ferreiro, Subdirectora Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (Xunta de Galicia).

11:00 – 12:00 horas.- Organización e desenvolvemento dos espectáculos públicos e das actividades recreativas. Por Jesús Lata Buceta, Xefe de Servizo de Espectáculos Públicos e Desenvolvemento Normativo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior (Xunta de Galicia).

12:00 horas.- Pausa.

12:30 – 13:30 horas.- Vixilancia e inspección dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas. Réxime sancionador. Por Isabel Varela López, Xefa de Sección do Negociado de Policía, Tráfico e Transporte do Excmo. Concello de Lugo.

Organiza: Deputación de Lugo

Dirixida a: secretarios, interventores, policías locais, e demais persoal ao servizo dos entes locais e do sector público local

Obxectivos: abordar os aspectos máis relevantes da nova normativa que entrará en vigor no mes de xullo e as implicacións da súa entrada en vigor nos Concellos. bordaranse, entre outros, aspectos tales como a protección dos menores, a defensa das persoas consumidoras e usuarias, o respecto polo medio ambiente e os animais, a loita contra actitudes discriminatorias e a conservación do noso patrimonio histórico-artístico e cultural.

A Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia é a primeira norma autonómica con rango legal que establece unha regulación xenérica, actualizada e de carácter global desta materia e enche o baleiro normativo autonómico existente na actualidade. A normativa establece o réxime xurídico dos espectáculos públicos e das actividades recreativas que se celebren en establecementos ou espazos abertos ao público, sempre que se desenvolvan integramente no territorio da Comunidade Autónoma.

Detalles

Fecha:
27 de junio, 2018
Hora:
10:00 - 14:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X