jueves, julio 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada «Urbes habitables: A Milagrosa»

10 de marzo, 2018 - 10:00

A MILAGROSA

Nova xornada do ciclo Urbes Habitables que promove Lugonovo este sábado, día 10, sobre A Milagrosa, no Local Social da Igrexa da Milagrosa

Cristina Pérez Herráiz, voceira do Grupo Municipal será quen presente o acto, estruturado en catro grandes áreas.

Co título “Reaviva o teu barrio. Reaviva o Agro do Rolo. Xerme dunha idea”, abordarase, nun primeiro momento, o aspecto urbanístico da contorna, da man dos arquitectos Jorge Salvador e Alberte González en representación do Gabinete gAU.

O segundo apartado será “A Milagrosa: Urdindo comunidade”, no que participarán o integrante de Cáritas Jesús Salvador López; a traballadora social Marisé Fernández Méndez e o doutorando en Dereito Público, Andrei Quintiá Pastrana.

A continuación, co epígrafe “Entre o pasado e o futuro: o presente da Milagrosa”, o foro incorporará unha vertente atropolóxica coa especialista e profesora da USC Elena Freire Paz.

E, para finalizar, e baixo o nome “Porta con porta: o reto da veciñanza”, dous residentes na zona, Alejandro Eiras Rodríguez e Samira Zahir, compartirán as súas experiencias persoais sobre convivencia veciñal.

Lugonovo lembra que Urbes Habitables xorde coa vocación de ser un punto de encontro para expertos, empresarios e cidadanía no que avaliar, dende unha perspectiva multidisplinar, a situación real dos distintos barrios da capital e coa fin de esclarecer cales son os verdadeiros conflitos que lles afectan, frean o seu crecemento ou condicionan a calidade de vida neles para darlles solución.

A xornada, que será clausurada polo portavoz de En Marea, Luis Villares Naveira, comezará ás dez da mañá no Local Social da Igrexa da Milagrosa e, ao rematar, os participantes compartirán un xantar de confraternización

Detalles

Fecha:
10 de marzo, 2018
Hora:
10:00
Categoría del Evento:
X