lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornadas Apícolas

28 de septiembre, 2018 - 29 de septiembre, 2018

“Xornadas Apícolas”, organizadas pola Asociación Provincial Lucense de Apicultores, que terán lugar os días 28 e 29 de setembro no Salón de Actos da Deputación.

Programación das xornadas
As xornadas arrincan o venres 28 de setembro ás 19.30 horas cunha charla sobre a importancia da apicultura na nosa sociedade, a cargo de Pablo Piñeiro Fraga, presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultores.

As charlas continúan o sábado ás 16.00 horas coa intervención dun dos principais expertos na vespa velutina de Galicia, o entomólogo Manuel Corral Andrade, que falará da situación actual da vespa invasora e das últimas técnicas en trampas e atraentes. Ás 18.00 horas, o apicultor Francisco López Devesa, de Mieles Modia, expoñerá os pasos para pasar da apicultura familiar á apicultura profesional. E finalmente, ás 19.30 horas, o apicultor Román Cid Álvarez, presidente da Asociación Abellas Nais, centrará a súa intervención na produción e comercialización de propóleos.

O domingo, terá lugar a XXVI Feira do Mel, na Praza da Soidade de Lugo de 10.00 a 17.00 horas, onde se poderán adquirir diferentes tipos de mel de Galicia. Nesta edición participarán 22 apicultores. O prezo do mel será de 8 euros o quilo e 4,50 euros, o medio quilo.

Detalles

Comienza:
28 de septiembre, 2018
Finaliza:
29 de septiembre, 2018
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X