13.8 C
Lugo
Jue, 1 Jun 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornadas «Movemento Guerrilleiro Antifascista da Galiza»

15 de diciembre, 2022 - 16 de diciembre, 2022

Xornadas «Movemento Guerrilleiro Antifascista da Galiza» celebraranse o xoves 15 e venres 16 de decembro en Lugo no Centro Social Autoxestionado A Hedreira, combinando tamén espazo co Vello Cárcere.

De especial relevancia será a presenza dunha figura histórica, considerado «o último maqui vivo» en España, coñecido como «El Quico», que con 97 anos presenta o libro ‘Caminos de Resistencia’, xunto a Andreu García, presidente da AGEPV (Asociación Guerra, Exilio y Mª
Histórica del País Valencià). El Quico pertenceu á Federación de Guerrillas León-Galicia.

Proxectaremos, en presenza da súa directora Coral Piñeiro, a curtametraxe documental ‘Dores’, que recolle as historias de catro persoas que, dunha forma ou outra, foron testemuñas ou recollen os testemuños das consecuencias da represión franquista en Galicia.

O historiador Eliseo Fernández, diplomado en Biblioteconomía e Documentación pola Universidade da Coruña, experto e autor de varias obras, presentará o libro ‘A primeira resistencia armada ao golpe militar na Galiza (1936-1939)’, co que comparte autoría con outra figura relevante coñecedora deste periodo, Dionisio Pereira. Nesta obra, entre
outros, cuestionan o mito de que na Galiza «non houbo resistencia» ao golpe militar.

Ademais, teremos un conversatorio con Dani Palleiro, de Refuxios da Memoria e Bastiana editora. Refuxios da Memoria é un proxecto de investigación sobre as memorias colectivas acerca do movemento anarquista coruñés e a forma en que estas se especializan no barrio das Atochas–Monte Alto.

Tamén teremos tempo para escoitar música cun concerto de repertorio de cancións antifascistas. Traballo feito ó longo do curso 2021-22 polo alumnado de música de 4º de ESO do IES do Camiño de Palas de Rei.

Estas xornadas dividiranse en dous días, sendo o xoves pola tarde na Hedreira (rúa Catasol, 17 baixo), aberto para todo o público, o venres pola mañá no Vello Cárcere, pensando para ao alumnado de instituto, e o venres pola tarde de novo na Hedreira.

Organizado dende o centro social autoxestionado A Hedreira en colaboración co Insituto Galego de Historia (Igalhis).

Detalles

Comienza:
15 de diciembre, 2022
Finaliza:
16 de diciembre, 2022
Categoría del Evento: