
- Este evento ha pasado.
XVII Exposición de Cogomelos
11 de noviembre, 2018

Nova cita cos cogomelos en Lugo: o 11 de novembro no C.E.I.P Rosalía de Castro, (entrada pola Rúa Cambria frente o Arquivo Histórico) en horarios de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas.
Organiza: Sociedade Micolóxica Lucus
Dada a rapidez con que se estragan os cogomelos a maioría recolleranse o sábado, no concello de Lugo e limítrofes, para que o domingo se atopen en bo estado e se observen ben todos os seus caracteres o que contribúe a facilitar a súa identificación.
Desde a organización responderase ás dúbidas respecto á identificación, comestibilidade, e outras de carácter micolóxico.
Carmen Basadre e Julián Alonso presentaron a XVII Exposición de Cogomelos, que se poderá ver en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas. A entrada é de balde
Nela poderanse ver sobre unhas 200 especies de cogomelos da contorna de Lugo.
Á entrada da Exposición, como en anteriores edicións entregarase aos visitantes un díptico para comprender de forma sinxela o marco no que se desenvolve a exposición e recolle ademais unha serie de consellos para correcta recollida de cogomelos e algunha norma para a súa correcta identificación.
Ademais haberá paralelamente exposicións de fotografía micolóxica, de carteis de hábitats micolóxicos, de traballos infantís sobre o mundo dos cogomelos, así como unha presentación cíclica con información micolóxica e unha zona de obradoiro de micoloxía para nenos/as.
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA.
Máis información na páxina web da Sociedade Micolóxica Lucus, www.smlucus.org
Colaboran na celebración desta Exposición o Concello de Lugo e o C.E.I.P. Rosalía de Castro.
No acto de presentación, Carmen Basadre subliñou o labor que vén realizando ao longo de todo o ano a Sociedade Micolóxica Lucus, promovendo diversas iniciativas para a posta en valor da micoloxía e dando a coñecer distintas ensinanzas para recollida dos cogomelos, sempre respectuosa co medio ambiente. A edil convidou á cidadanía a achegarse a ver a exposición «chea de contidos, cores e diversidade».
Pola súa banda, Julián Alonso agradeceu «a colaboración que sempre ten o Concello», con esta iniciativa, unha das actividades centrais do colectivo en outono. Tal e como explicou, a exposición inclúe indicacións de cada un dos exemplares e un recuncho para os máis pequenos e pequenas, ademais dunha presentación cíclica.