
- Este evento ha pasado.
XVIII Festa do Becerro ao Espeto
23 de junio, 2018 - 20:30

A noite de San Xoán, dende as 21:15 horas, na Praza Frai Xosé Gómez, entre a rúa Santo Graal e Mar Cantábrico
Na XVIII Festa do Becerro ao Espeto, tal e como explicou Ricardo Varela, repartiranse 3.500 racións de dous becerros de raza autóctona (Tenreira Galega) entre todas as persoas que se acheguen a Frai Xosé Gómez. Esta degustación gratuíta da mellor carne de Galicia tamén irá acompañada con pementos e pan, e de beber, cervexa, viño e refrescos. Para os máis cativos e cativas os organizadores ofrecerán pizza. Ademais haberá unha verbena a cargo do Grupo Bumerang e unha fogueira de San Xoán, a partir das 12 da noite. Para quentar motores, dende as 20:30 horas, actuará o grupo folk Xesta Verde. Tamén haberá un sorteo dun total de 350 euros.