NOV 2017 Tras visitar a mostra fotográfica do Arquivo Histórico de Lugo «Por feiras e mercados» só podemos decir unha cousa e a toda voz: IDE VELA … entre outros motivos, ademáis dos antropolóxicos, porque hai fotos dunha calidade á altura dos grandes mestres da fotografía coma Cartier- Bresson. Ficamos abraiados en máis de unha non só polo seu contido, sobre todo pola súa beleza compositiva e estética. Hai fotóns.

A expo reúne 60 fotografías de feiras e mercados e varios documentos que amosan o xeito en que se organizaban as feiras e mercados a principios do século XX na provincia de Lugo. Recupera o papel das feiras como impulsoras tanto da vida económica como social das vilas onde se celebraban, ao tempo que constitúe unha manifestación importante para a antropoloxía, pola rica información que se extrae acerca de tradicións, cultura popular ou arquitectura específica

As imaxes proceden de negativos propiedade do Arquivo Histórico Provincial de Lugo e van do ano 1914 ata 1986.

Permanecerá aberta ata  ata o 31 de xaneiro de 2018 e poderá visitarse de luns a venres en horario de 8:30 a 20:00
Fonte das imaxes e parte do texto: Novas Cultura Xunta de Galicia

Si te gustó el artículo…compártelo
Si clicas en las fotos las verás más grandes
Sigue a Viva Lugo en el Facebook