Unha repercusión mediática e de público merecida

FEB 2018 Hai días nos que se xuntan a meirande parte das emocións extremas, dos sentimentos opostos, dos contrarios. Son os menos. Pero hainos. Onte foi un deles. Así o viviron, e o vivimos, a xente que nos xuntamos na sala de exposicións do Pazo de San Marcos. Unha inmensa alegría pola inauguración da mostra «Eu, ti, elas…nosoutras, nosoutrxs en rede» e unha inmensa tristura polo pasamento do escritor lucense e referente cultural galego, Isidro X. López Novo (D.E.P.)

As verbas de Isidro sentidas na voz de Pilar García Porto

O noso trato persoal limitábase ás presentacións de libros ou citas culturais varias,  pero foron minutos, horas, máis que suficientes para conquistarnos,  sempre cun soriso, palabras amables e unha bondade con nos e con todo o mundo … desas persoas que te alegras – de verdade – cando as ves.  Sirva este artículo de homenaxe a Isidro, como tamén foi a inauguración desta expo, de seguro que estaría, coma sempre, apoiando e orgulloso das artistas… da arte feita por mulleres.

Decíamos que foi unha inmensa alegría pola inauguración da mostra «Eu, ti, elas…nosutras, nosutrxs en rede» xa qué estamos a falar dunha mostra con doce proxectos de mulleres artistas ou, se queredes, de 12 expos  «enredadas» unhas con outras que os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo albergan para reinvindicar e conquistar a plena igualdade.

Unha mostra histórica? Pode ser. Por qué… ¿onde están as mulleres na Historia, nos museos, na arte? Ata fai ben pouco obviadas, negadas, ocultadas… con «sorte» con representación simbólica, e é con proxectos coma este, xuntándose e sumando como se derriban muros (patriarcados, machismos) que nunca se tiñan que haber levantado.

Sinalar neste senso que o traballo da Rede Museística da Deputación ven de lonxe, recibindo recoñecementos e liderando proxectos culturais nos que as mulleres artistas cobran protagonismo, promovendo a igualdade na oferta artística e cultural  e participando activamente, por exemplo, en «La caja de Pandora» colectivo que  da voz e denuncia casos de violencia machista e abuso de poder no arte e que fixose público esta semana lendo un comunicado ao mundo desde só tres puntos do planeta: un deles Lugo, os outros: o Museo Reina Sofía e a Tate londinense.

A programación da exposición «Eu, ti, elas…nosoutras, nosoutrxs en rede» a vivimos paseando coas artistas pola sala de exposicións do Pazo de San Marcos e polo Museo. Foi e é a seguinte:

Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos
Cris Vilariño
Entre Maruja e máis  eu//1. Xénese

E así Maruja, coa  súa visión herdada, e  eu,  e o meu corpo, e a danza,  e unha rede, un abrigo e un acordeón. O proceso de creación desenvolverase na primeira quincena de febreiro polo sistema de residencia na Sala Multiusos do MPLugo, con participación de público e de alumnado do Conservatorio de Danza.

Representación: 1 de febreiro, no transcurso do acto de inauguración. Coloquio sobre o proceso creativo: 2 de febreiro.

Danza: Cris Vilariño
Música: Vadim Yukhnevich

María Xosé Domínguez (Santiago, 1967)
Pegadas dun compromiso, 2018

Na obra, por medio de fotografías pertencentes ao arquivo familiar da artista, encóbrese unha crítica social que cuestiona o que realmente implica o casamento, abordado desde unha perspectiva feminista, que nos invita a cuestionarnos quen somos? Como actividade complementaria incentivaremos a recuperación de fotografías de voda que tivesen como marco algún dos museos da Rede.
Carmen Chacón (A Coruña, 1954)
Isabel. Leningrado 1940

Evidenciar o que arrastramos no inconsciente colectivo, mitoloxía grega, arquetipos coa súa Sombra etc. Aflorar emocións non recoñecidas, amosar a dor e a valentía de ser o que queremos ser con voz propia, aquí e agora.

Museo Provincial de Lugo
Sala Multiusos

Cris Vilariño
Entre Maruja e máis  eu//1. Xénese

E así Maruja, coa  súa visión herdada, e  eu,  e o meu corpo, e a danza,  e unha rede, un abrigo e un acordeón. O proceso de creación desenvolverase na primeira quincena de febreiro polo sistema de residencia na Sala Multiusos do MPLugo, con participación de público e de alumnado do Conservatorio de Danza.

Representación: 1 de febreiro, no transcurso do acto de inauguración. Coloquio sobre o proceso creativo: 2 de febreiro.
Danza: Cris Vilariño
Música: Vadim Yukhnevich



Mónica Alonso (A Fonsagrada 1970)
Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo

Medir o dificilmente medible. Obter datos estatísticos de variables emocionais. Aplicar a mulleres un cuestionario que relaciona psicoloxía e cor. Procesar os resultados obtidos co programa estatístico SPSS(V21.0) para obter gráficos de medidas.

Basilisa Fiestras (Pontevedra, 1985)
Marco, elemento e soporte. Regras para un parque humano
O corpo e a indumentaria como elemento, materia e concepto na obra.

Mery Pais(Santiago, 1990)
trans (cender) (mitir) (formar)

Video creación/reportaxe da relación da artista Mery Pais coa Rede Museística de Lugo dentro dos proxectos Nos+outras en Rede, Culturas en diálogo e presentación do novo proxecto de colaboración Trans(cender) trans(mitir) trans(formar) con Marrocos e Lugo.

Carmen Porteiro (Barreiros, 1980)
conexións [en serie]

conexións [en serie] xorde ao recuperar unha conversación interrompida. É unha serie de imaxes nas que se reflexiona sobre a comunicación e o que provocan as interferencias e interrupcións neste proceso.

Museo Provincial de Lugo
Planta alta, zona nova

Luz Darriba (Montevideo, 1954)
As santas migrantas

Proxecto en proceso que intenta recoller, a través de fotografías (400 escapularios feitos a través de fotos de mulleres migrantes) e testemuños, a voz de moitas mulleres que cruzaron o mundo para melloraren a vida.

Un libro de Isidro nas mans de Luz… una fermosa forma de telo presente

Museo Provincial de Lugo
Planta baixa, zona nova

Ana DMatos (Lugo, 1963)
The Living Water. Washerwomen in the river

Este é un traballo que afunde as súas raíces na idea de desenvolvemento e globalización, que debería servir para crear e mellorar as nosas vidas. Con este sentido unín a poesía de Kishwar Naheed, un arma feminista, as mulleres retratadas que perpetúan a discriminación por castas e de xénero, e a miña; identifícome con ambas.

Basilisa Fiestras (Pontevedra, 1985)
Marco, elemento e soporte. Regras para un parque humano
O corpo e a indumentaria como elemento, materia e concepto na obra.

Museo Fortaleza de San Paio de Narla
Acto de inauguración: 3 de febreiro ás 18:00 horas

Rubén Pérez Pombo
Frío: somos inuits?

Mar e Mediterráneo. Somos fillas. Calamos. Miramos. somos estatísticas. Permitimos que as nosas nais morran no Mediterráneo.  A quen lle interesa esta ruleta? Somos números 1, 2, 3… Somos marxinación… Subimos e volvemos caer. Infinitamente tráxicos. Conxelados. Afogados. Somos frío. Somos Inuits?

Carmen Porteiro (Barreiros, 1980)
conexións [en serie]

conexións [en serie] xorde ao recuperar unha conversación interrompida. É unha serie de imaxes nas que se reflexiona sobre a comunicación e o que provocan as interferencias e interrupcións neste proceso.

Carmen Chacón (A Couruña, 1954)
Isabel. Leningrado 1940

Evidenciar o que arrastramos no inconsciente colectivo, mitoloxía grega, arquetipos coa súa Sombra etc. Aflorar emocións non recoñecidas, amosar a dor e a valentía de ser o que queremos ser con voz propia, aquí e agora.

Museo Provincial do Mar
Acto de inauguración: 9 de febreiro

Basilisa Fiestras (Pontevedra, 1985)
Marco, elemento e soporte. Regras para un parque humano
O corpo e a indumentaria como elemento, materia e concepto na obra.

Tamara Wassaf (Argentina)
Fraxilidade Suspendida

Observación do cotiá, imaxinarios afastados, flores e teas que me recordan as mulleres da miña familia en Arxentina; miradas intensas e unha sensación de nostalxia, de fraxilidade suspendida.

Museo Pazo de Tor
Acto de inauguración: 8 de febreiro, 19:00 horas

WILPF
Liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade
Cen anos de feminismo pacifista

Arte en reserva de 55 mulleres
Nas dependencias do Museo Provincial de Lugo actualmente hai 55 obras de mulleres sen expoñer. Son das seguintes autores; Ana Álvarez, Ana de Matos, Ana Matilde Rodríguez Pasarín, Carmen Senande Pazos, Carmen Teresita Bono, Celia Rodríguez Cortés, Choncha Bonet Correa, Dolores Guerrero Lombardía, Emilia Salgueiro, Esther Raszap, Eva Lloréns, Fina Eirós, Gloria Carrerou, Gloria Fernández, Hilda Ferreira, Isabel Easton, Isabel Pernas Bujados, Julia Minguillón Iglesias, Leonor Albarellos, Lila González, Luz Darriba, Mari Carmen Corredoira, Mari Luz Antequera, Mari Paz Illana Gómez, María Cagiao, Maria del Carmen Álvarez de Sotomayor, María del Carmen Coppetti Bono, María Guevara, Maria José Santiso Gómez, Maria Luisa Pérez Herrero, Marie Josephine Vogel Folgosa, Marta Pardo de Vera, Marta Prieto, Maruja Mallo, Mercedes Amigo, Mónica Alonso, Mónica Mura, Montse Rego, Odalia Fabiano da Silva Rico Lea, Paz Vicente de Benito, Pepita García, Raquel Forner, Rebeca López, Rocío Iznardo Gregory, Rosa María Toro Coca, Sabela Arias Castro, Sara Acevedo de Capurro, Sara Traversa, Sarah Grilo, Teresa Fernández Liz, Teresa López Prado, Tina Borche e Virginia Apecechea.

CLICA NAS FOTOS E AS VERÁS MÁIS GRANDES

COMPARTE ESTE ARTIGO NAS TÚAS REDES

TAMÉN EN VIVA LUGO:

Programación de exposicións do Museo Provincial de Lugo e o Centrad para o 2018

Estrea mundial no museo de Lugo das reproducións dos murais de Santa Eulalia de Bóveda

Preto de 111.000 persoas visitaron a Rede Museística da Deputación no 2017, un 7% máis que o ano anterior

Aberta no Museo Provincial de Lugo a primeira sala específica de Arte Africano en Galicia