Fonte da foto: Comunicación Deputación Lugo |
04/10 «Enfocando historias» é o proxecto de fotografía que Down Lugo presentou á III Convocatoria de actividades de Voluntariado da Fundación Telefónica. Deste xeito, os participantes inventáronse catro historias, que, posteriormente, plasmaron en fotos. Así, cada historia está contada e secuenciada nun máximo de 10 instantáneas. Retratos, paisaxes, documental… son algúns exemplos das 36 fotografías desta mostra, todas elas cun único escenario, que é a praia de Peñarronda.
As fotografías foron elaboradas coa colaboración dos voluntarios da Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (ASTELU) e baixo a dirección da fotógrafa Aleksandra Dmitrieva.
A mostra estará exposta ata o 29 de outubro, pode visitarse de luns a venres de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas; sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta
No acto de inauguración participaron a Deputada de Cultura, Pilar García Porto – é una mostra promovida pola Deputación – , a Presidenta da Asociación Down Lugo, María José Blanco, a Concelleira de Benestar, Ana González Abelleira, e o Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Balseiro.