OCT 2017 Jose Barea comezou «BESTIARIUM – Retrato das razas autóctonas españolas» no ano 2009 percorrendo miles de quilómetros por todo o territorio, co que busca a partir de impactantes imaxes a mirada cómplice dos animais propios de cada zona. Bois, cabras, porcos, galos, galiñas, ovellas, cabalos e vacas de todo o territorio español son os protagonistas destas 60 fotografías.

Segundo o propio autor, Bestiarium é un conxunto de singulares primeiros planos que nos mostran os animais exentos, desposuídos do seu hábitat natural, como únicos protagonistas dun proxecto que convida á reflexión sobre o distanciamento, cada día maior, entre o mundo rural e o urbano. Esa progresiva desaparición das nosas vidas fai que os vexamos como auténticos estraños. Na actualidade hai 158 razas autóctonas de orixe domestica e gandeira en España, e delas, máis do 80% están en perigo de extinción.

Razas autóctonas galegas

Nesta exposición poden verse dende a galiña de Mos, vacas de raza cachena, limiá, frieiresa, vienesa, o porco celta, a ovella e a cabra galega, ou o can de palleiro, todos eles, contribúen a sostibilidade da nosa paisaxe.

Fonte: gabinete de comunicación deputación

A exposición foi inaugurada polo presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, o secretario de Federapes, José Ramón Justo Feijóo, e o fotógrafo José Barea, ademais doutras autoridades. As distintas exposicións ao longo da xeografía española, están organizadas por FEDERAPES (a Federación de Razas Autóctonas Españolas) e conta co apoio do MAPAMA (O Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente).

Sala de Exposicións da Deputación de Lugo (desde o 28 de setembro ao 28 de outubro de 2017)
Horario:
Luns a venres: 11:00 a 14 e de 17:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta
Sala de Exposicións Pazo de San Marcos
Edificio da Deputación Provincial de Lugo R/ San Marcos s/n  27001 Lugo