Leer en español


OCT 2017 «Oficios entre lusco e fusco» é unha mostra organizada por Afundación co Museo do Pobo Galego coa que afondar no mundo dos oficios tradicionais galegos, a piques de desaparecer. O fotógrafo Xosé Abad é o autor das imaxes que conforman a exposición, coas que amosa a súa perspectiva sobre a desaparición destes xeitos de vida. Podes visitala na Sede Afundación de Lugo do 17 de outubro ao 5 de xaneiro de 2018.

No actual contexto de crise, Xosé Abad interrógase sobre o desenvolvemento de determinados valores ata hai pouco indiscutibles: a calidade dos traballos, a súa realización con mestría e dedicación e a experiencia, un legado que parece lóxico transmitir ás xeracións futuras. Constatando que estas apreciacións están en franco retroceso, o autor detense a retratar un cambio social auspiciado polo crecemento do consumismo.

En moitos casos, a mecanización dos traballos mellorou as condicións laborais dos oficiantes, mais tamén implicou a desaparición do seu xeito de produción, cambiado pola cadea de montaxe e pola deslocalización a países sen regularización de dereitos e con salarios moi baixos. O traballo «ben feito», o trato humano, a orixinalidade de cada peza, por seren valores en desuso, pasaron a ser, paradoxalmente, distintivos de luxo ao alcance de moi poucas persoas. Así pois, os oficios tradicionais están en vías de extinción nos países desenvolvidos. Quizais neste intre esteamos a vivir os derradeiros momentos da coexistencia entre dous xeitos de produción ben diferenciados, e por iso é importante documentalos

As imaxes de «Entre lusco e fusco» simbolizan a decadencia dos oficios a través dun esquema de iluminación inspirado no atardecer, seguindo o esquema baseado en Caravaggio. Os claroscuros suxiren espazos e ferramentas, quedando ben definido o contexto en que se desenvolven os traballos e, asemade, documentada a presenza dos dignos representantes do seu gremio neses universos onde tantas veces se funden o privado e o laboral. O espectador é partícipe da atmosfera en que se levan a cabo eses oficios, redescubríndoos na medida da súa importancia e ocupándoos tamén con certa bagaxe afectiva.
Como complemento á mostra hai obradoiros de Oficios entre lusco e fusco
Horario: 17.00 a 20.00 h Sen previa inscrición: entrada aberta e de balde. A persoa interesada incorporarase e abandonará o obradoiro a libre elección. Público: adulto e familiar

Obradoiro de Cestaría, con Carmen Fieiras:
•Sábado 11 novembro
•Sábado 2 de decembro
Obradoiro de Olaría e Torno cerámico, con Pepa Lombao:
•Sábado 28 de outubro
•Sábado 25 de novembro
Sobre Xosé Abad:

Xosé Abad, nado en Figueres (1956), iniciou a súa andaina profesional como fotoxornalista en diversos medios de comunicación na década dos oitenta. A súa obra expúxose en diversas localidades galegas e en diferentes museos e institucións estatais e internacionais, recibindo diferentes premios polo seu traballo e traxectoria. Así mesmo, o artista colaborou en proxectos de diferentes ONG galegas e latinoamericanas. Desde o seu estudio realiza traballos de fotografía industrial e publicitaria, moda ou retrato. Como fotógrafo foi galardoado no I Certame de Creación Fotográfica Luis Ksado ou co Premio Pardela de Comunicación á traxectoria profesional, entregado polo Club de Amigos da UNESCO. Na súa actividade cinematográfica dirixiu varios documentais premiados en diferentes certames, sendo os máis actuais Isaac, O segredo da Frouxeira e A pegada dos avós.

Sede Afundación Lugo
Praza Maior, 16.. Lugo (Lugo)
17 de outubro ao 5 de xaneiro de 2018
Luns a sábado de 18:00 a 21:00 h
Entrada: Gratuíta

Fonte: Afundación Fonte da imaxen: búsqueda de google

Exposición «Oficios entre lusco e fusco», fotografías de Xosé Abad. Lugo

«Oficios entre lusco e fusco» es una exposición organizada por Afundación en colaboración con el Museo do Pobo Galego, con la que adentrarnos en el mundo de los oficios tradicionales gallegos a punto de desaparecer. El fotógrafo Xosé Abad es el autor de las imágenes que conforman la exposición, con las que muestra su perspectiva sobre la desaparición de estos modos de vida. Puedes visitarla en la Sede Afundación de Lugo del 17 de octubre al 5 de enero de 2018.
En el actual contexto de crisis, Xosé Abad se interroga sobre el desarrollo de determinados valores hasta hace poco indiscutibles: la calidad de los trabajos, su realización con maestría y dedicación y la experiencia, un legado que parece lógico transmitir a generaciones futuras. Constatando que estas apreciaciones están en franco retroceso, el autor se detiene a retratar un cambio social auspiciado por el crecimiento del consumismo. En muchos casos, la mecanización de los trabajos ha mejorado las condiciones laborales de los oficiantes, pero también ha implicado la desaparición de su modo de producción, cambiado por la cadena de montaje y por la deslocalización a países sin regularización de derechos y con salarios muy bajos. El trabajo «bien hecho», el trato humano, la originalidad de cada pieza, por ser valores en desuso, pasaron a ser, paradójicamente, distintivos de lujo al alcance de muy pocas personas. Así pues, los oficios tradicionales están en vías de extinción en los países desarrollados. Quizás en este momento estemos viviendo los últimos momentos de la coexistencia entre dos modos de producción bien diferenciados, y por eso es importante documentarlos. 
Las imágenes de «Entre lusco e fusco» simbolizan la decadencia de los oficios a través de un esquema de iluminación inspirado en el atardecer, siguiendo el esquema basado en Caravaggio. Los claroscuros sugieren espacios y herramientas, quedando bien definido el contexto en que se desarrollan los trabajos y, además, documentada la presencia de los dignos representantes de su gremio en esos universos donde tantas veces se funden lo privado y lo laboral. El espectador es partícipe de la atmósfera en la que se llevan a cabo esos oficios, redescubriéndolos en la medida de su importancia y ocupándolos también con cierto bagaje afectivo.
Xosé Abad, nacido en Figueres (1956), inició su carrera profesional como fotoperiodista en diversos medios de comunicación en la década de los ochenta. Su obra se ha expuesto en diversas localidades gallegas y en diferentes museos e instituciones estatales e internacionales, recibiendo diferentes premios por su trabajo y trayectoria. Así mismo, el artista ha colaborado en proyectos de diferentes ONG gallegas y latinoamericanas. Desde su estudio realiza trabajos de fotografía industrial y publicitaria, moda o retrato. Como fotógrafo fue galardonado en el I Certamen de Creación Fotográfica Luis Ksado o con el Premio Pardela de Comunicación a la trayectoria profesional, entregado por el Club de Amigos de la UNESCO. En su actividad cinematográfica ha dirigido varios documentales premiados en diferentes certámenes, siendo los más actuales Isaac, O segredo da Frouxeira y A pegada dos avós.
Como complemento a la exposición, ofrecemos unos talleres de Oficios entre lusco e fusco
Horario: 17.00 a 20.00 h
Sin previa inscripción: entrada abierta y gratuitamente. La persona interesada se incorporará y abandonará el taller a libre elección.
Público: adulto y familiar
Obradoiro de Cestería, con Carmen Fieiras
•Sábado 11 noviembre
•Sábado 2 de diciembre
Obradoiro de Alfarería y Torno cerámico, con Pepa Lombao
•Sábado 28 de octubre
•Sábado 25 de noviembre