ALFONSO ALMENDROS

NOV 2017  A mostra To name a mountain do fotógrafo Alfonso Almendros, gañador do V Premio de Galicia de Fotografía, estará exposta ata o 8 de xaneiro na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos.

To name a mountain é un documental ficcionado cunha linguaxe contemporánea. Neste traballo, Almendros equipara a dificultade de alcanzar o cumio da montaña co amor que profesaba Bierstadt, en segredo, pola compañeira do seu amigo.

O horario da exposición é luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas. Sábados de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas. A entrada é gratuíta.

«É un pracer inaugurar no Pazo de San Marcos a mostra de Alfonso Almendros, que fai unha interesante pesquisa sobre a viaxe polas Montañas Rochosas do pintor Albert Bierstadt e o seu amigo e escritor Fitz Hugh Ludlow en 1863”. Deputada de Cultura, Pilar García Porto

O Goberno da Deputación colabora cunha achega económica de 1.000 euros para a celebración deste certame.

Premio de Galicia de Fotografía Contemporánea
O Premio de Galicia de Fotografía Contemporánea ten como obxectivo promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que suscita, en xeral, a arte contemporánea respecto das formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento. O premio deste ano está dotado de 8.000 euros que se destinan á produción dunha exposición, organizada polo Outono Fotográfico, e a edición dun libro coa obra gañadora.

Outono Fotográfico
O Outono Fotográfico componse de tres seccións: A Sección Oficial, na que o Festival convida a autoras/es e curadoras/es, o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadoras/es, e Historias da fotografía galega para a recuperación do traballo de fotógrafas/os de Galicia xa falecidos. Ademais organiza mostras e programacións en espazos expositivos como galerías de arte, salas de exposicións institucionais, centros de ensino, Casas de Concellos, da Xuventude ou de Cultura entre outros.



Fonte: Gabinete Comunicación da Deputación



Comparte este artigo nas túas redes