Presentación de Sira e o robot II: Crazy Times on Planet Earth 
Data: Sábado 4 de novembro.
Hora: 12:00 Lugar: Librería Trama

NOV 2017 Este sábado 4 de novembro as 12:00 terá lugar na libraría Trama de Lugo a presentación do libro-disco infantil Sira e o robot II: Crazy Times on Planet Earth que incluirá unha actuación musical por parte dos autores: Mark Wiersma, músico estadounidense afincado en Galicia, e Miguel Mosqueira, membro do grupo galego Ataque Escampe.

Sira e o Robot II: Crazy Times on Planet Earth, con ilustracións de Iván Sende, é a segunda entrega do musical futurista *Sira e o robot*, proxecto único no mundo no que conviven en harmonía galego e inglés. A obra consta dun libro ilustrado de máis de 120 páxinas e dun cd de audio de máis de 50 minutos no que se interpretan os diálogos e as 10 cancións que contén a historia. Tanto as cancións como os propios diálogos son especiais: ofrecen unha linguaxe híbrida, cun freeflow entre o inglés e o galego. Esta fusión pode ser ou moi didáctica ou simplemente pegadiza, interesante e divertida dependendo do nivel de inglés que posúas.

Dez cancións en galego e inglés de estilos variados: Rap, R & B, Pop, Reggea, Reggaeton, Folk, Soul serven para ambientar unha aventura, chea de emocións, na que os valentes personaxes Sira e o seu robot William se enfrontarán a adversarios tan duros de roer como o cambio climático, o malvado Technoduro, the worst villian de Megametrópole, the future President of the USA, un violento tsunami, unha calor asfixiante, etc. Dez cancións en galego e inglés, un audioteatro interesante e inventivo, debuxos de calidade e basicamente Lots of Fun for the Whole Family! Hai incluso unha pista secreta onde a historia se resolvedunha forma científica!
O elenco da obra está conformado por Xiana Arias, Carlos Blanco, Roi Vidal, Álex Charlón, Sonia García, e os propios Mark Wiersma e Miguel Mosqueira. Da produción musical encargouse Marcos Paino. O disco foi gravado e mesturado nos estudios A ponte, que comanda o máster Tomás Axeitos.

A historia acontece no mes de xullo do ano 2050. Unha vaga de calor causada polo cambio climático chega a Megametrópole, capital de The New Galicia, lugar onde o inglés acaba de ser nomeado lingua cooficial, xunto o galego. Sira e o Robot deciden refrescarse na Cool Cave, nas aforas da cidade. Alí descubrirán por casualidade os plans radiactivos do malvado Technoduro que supoñen un perigo mortal para o mundo enteiro menos para Hawai, lugar de residencia dos ricos todos do universo. Ante o gran problema que se aveciña, Sira e William, así se chama o robot, terán que viaxar no tempo e convencer na ONU o presidente futuro of the USA de 2033, Justin Bieber, para que asine o máis importante tratado anti-contaminación nunca antes escrito. Serán quen de conseguilo?

Non te perdas a nova aventura de Sira e o Robot! It’s the perfect gift for a family, for summer trips to the beach and for anyone who wants something quirky and unique. . .

Se te gusta esta noticia … compartea nas túas redes