![]() |
Imaxe libre de dereitos: unsplash |
DEC 2017 Os modelos de xestión do libro galego centrará a temática da oitava edición da Xornada de Xestión e Mediación Cultural, un foro que se desenvolverá o 14 de decembro, a partir das 10.00 horas, na Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC.
O obxectivo destas xornadas, promovidas pola Facultade de Humanidades en colaboración coa Vicerreitoría de Servizos Universitarios do campus de Lugo, pasa por achegar aos alumnos e alumnas de grao e máster da Facultade de Humanidades aquelas iniciativas recentes que, lideradas por xente nova e á marxe das grandes editoriais históricas, enfrontan os desafíos do mercado editorial do país: producir libros convincentes e queridos, vender e divulgar libros, financiar a publicación de libros.
A inscrición nesta xornada monográfica, orientada a alumnado, pero tamén a docentes e calquera outra persoa interesada no mundo da cultura, é gratuíta e pode formalizarse a través do enderezo electrónico fhdeca@usc.es (indicando nome e apelidos, DNI e ocupación) Gratuíta. Entregarase certificado de asistencia.
PROGRAMA
09:45h ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN
10:00h APERTURA
Vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo (Carme Silva Domínguez)
Decana Facultade de Humanidades (Mª Isabel González Rey)
10:15h-11:45h MESA REDONDA: NOVOS E NOVAS EDITORES E EDITORAS. MODELOS DE NEGOCIO. NOVOS MERCADOS
Apiario (Antía Otero). Através Editora (Xosé Antom Serem). Catro Ventos (Isidro Dozo Valladares). Chan da Pólvora (Antón Lopo).
11:45h-12:15h DESCANSO
12:15h-13:45h MESA REDONDA:LIBRARÍAS TRADICIONAIS CON XENTE NOVA Á FRONTE
Libraría Chan da Pólvora (Antón Lopo). Libraría Gato Neghro (Ángela Valdés). Libraría Lectocosmos (Gloria Fuertes). Libraría Trama (Carlos Coira).
16:15h-19:00h SESIÓN PRÁCTICA: ESTRATEXIAS DE FINANCIAMENTO EDITORIAL DESDE UNHA PERSPECTIVA PRÁCTICA
Fundación Uxío Novoneyra (Uxío Novoneyra)
16:15h-17:15h
1.Contexto e chaves do financiamento editorial no momento actual: Introdución.
• Editoras e entidades editantes: Iniciativas privadas, públicas e PPP: Os mercados do financiamento da Literatura.
• Axudas á edición: Compromisos e liñas: Xunta de Galicia, MECD e Unión Europea. O mercado público de financiamento editorial.
• Canles emerxentes de financiamento. A Edición en liña: Autoedición, Venda previa, e micromecenado editorial.
• Publicidade, distribución e venda: Cadea de valor e retorno financeiro.
17:30h-19:00h
2.Obradoiro de deseño de campañas de micromecenado para proxectos editoriais.
19:00h Peche e entregas de certificados de asistencia
A xornada continuará en quenda de tarde cunha sesión sobre estratexias de financiamento editorial desde unha perspectiva práctica. Ao remate deste foro desenvolverase un obradoiro de micromecenados para proxectos editoriais