OCT 2017 Fai uns días publicábamos a boa nova que implica a colaboración do Goberno da Deputación e a AELG respecto á promoción do uso do galego. Dentro de esta colaboración celebraránse en Lugo este fin de semana as X Xornadas de Literatura Oral: Palabras con Memoria (vindeiro sábado 21 de outubro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.) que contan tamén coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega.

Con esta xornada, o que se busca é recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción, do idioma galego; así como aquelas palabras e expresións que non recollen os dicionarios. Farase fincapé nas palabras con memoria, sobre todo no eido da toponimia, onomástica, lexicografía ou fraseoloxía

Na xornada, participarán reputados expertos na materia como Xulia Marqués Valea; Gonzalo Navaza; Isidro Novo; Mª Rosario Soto Arias; Xesús Antón Gulías ou Marcos Escudero, entre outros.

A programación é a seguinte:

 Mañá

10:15 horas.- Recepción, entrega de material e inauguración

10:30-11:30 horas.- Conferencia: Os sinais de identidade na tradición oral: breve achegamento dende o sistema antroponímico galego, a cargo de Xulia Marqués Valea

11:30-12:30 horas.- Conferencia: Orfanato para ágrafas: Palabras ao ventimperio, a cargo de Isidro Novo

12:30-14:00 horas.- Mesa redonda: Saber o seu nome sen perder a súa voz, coa participación de Xulia Marqués Valea, Isidro Novo e Antonio Reigosa
 
Tarde

16:00-17:00 horas.- Conferencia: Presenza de valores antropolóxicos, etnográficos e míticos na fraseoloxía, a cargo de Rosario Soto Arias

17:00-18:00 horas.- Conferencia: Toponimia e lendas, a cargo de Gonzalo Navaza

18:00-19:30 horas.- Mesa redonda: O abecé do noso ADN simbólico-cultural, coa participación de Rosario Soto Arias, Gonzalo Navaza e Isidro Novo

19:30-20:30 horas.- Sesión práctica: Palabras con misterio: O Latín dos canteiros

Faladoiro co investigador Xesús Antón Gulías, e cos canteiro Marcos Escudero, Xabier Quijada e Faustino Santiago Lema.

Hai dúas modalidades de inscrición, ambas gratuítas e ambas até o 19 de outubro de 2017 (inclusive):

1. O profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario que teñan interese no título homologado pola Consellaría de Educación (8 horas), deben inscribirse na web da AS-PG

2. Aquelas persoas que non se atopen entre as destinatarias poderán asistir á xornada e, anotándose previamente en oficina@aelg.org, recibir un diploma de asistencia emitido pola AELG. Indicarase na mensaxe o nome completo e o número do documento de identidade.
A matrícula é preferente para Socias-os da AELG e da AS-PG.
A entrada é libre.

Web oficial da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega