O bodegón A Fouce acolleu a presentación do número 1 de Pensa Lugo, xornal bimensual totalmente independente con contidos críticos e de calidade, comprometido con Lugo e a súa contorna, e desde unha perspectiva feminista, ecoloxista e inclusiva. 

En formato papel, para chegar a todo o mundo, estará á venda en distintos locais – atención á súa web e redes xa que en breve anunciarán onde atopalo – por 3 euros. 

Neste primeiro número podes atopar artigos sobre paritorio de Verín, a operación Jaro, os despidos en El Progreso e en Pull & Bear, unha extensa e completa entrevista a Carlos Taibo, outra ao fotógrafo lucense Adra Pallón ou reportaxes sobre o galego en educación, a Serra do Iribio,  entre outros. 

Visita a web de Pensa Lugo para saber máis sobre este novo e indispensable medio lucense.