DEC 2017 Este sábado 23 ás 21:00 as persoas amantes do viño e da poesía teñen unha oportunidade diferente de conxugar estas dúas paixóns nunha nova cata en EnVinissi (Rúa Do Miño 27, Lugo)

Dous mestres de ceremonias excepcionais para compartir viño e verbas, mesa e mantel, queixo e sorisos. De un damos fé do seu saber facer coas palabras. Da súa xenialidade recitando, narrando, contando historias de aquí (de Lugo ou de Riotorto) e de lonxe (de Dylan ou de Alepo) en forma de poemas: Lois Pérez,  o Lois, o poeta bendito lucense (non todos os poetas son malditos, arre demo) que enamorou ao público do Clavi na súa recente presentación do seu novo libro «Long Play»

Do outro, Roberto Regal, non temos o gusto, pero de seguro que merece a pena coñecelo e coñecer as súas impresións e coñecementos dun xeito cercano e inusual sobre unha selección especialmente coidada de viños, xa que Roberto é enólogo de Enonatur e en certo xeito, ‘pensador do viño’

Xa sabedes:

De cata con Roberto Regal y poesía con Lois Pérez en EnVinissi

Lois Pérez: autor do libro de poemas Long Play, publicado por Edicions Xerais de Galicia
Roberto Regal: enólogo de Enonatur e ‘pensador do viño’

Todo acompañado dunha degustación de queixos da Queixería Praza do Campo.

Prazas limitadas.

Evento do Facebook

Entradas – eventbrite –

Elixe amigos,
elixe muller (ela elixirate a ti),
elixe equipo,
elixe traballo,
elixe o camiño por onde transitar
elixe os inimigos
e as persoas con que contar
elixe libro e autor,
elixe alimentos,
elixe …UN VIÑO… non… os elixen en Vinissi, ti vainos catar 🙂

Nota: permitímonos o luxo de tunear un poema do Lois «Elección» para crear o primeiro poemanuncio da historia da vida moderna. Lois, será a última vez que toquemos as túas rimas… pero cadrábanos ben.