DIC 2017 O compositor, productor e músico Kepa Junkera, achégase a “La Cosechera” para presentar os seus novos proxectos e algún dos éxitos da súa carreira nun formato íntimo e cercano.

Tras 22 álbumes, o gañador do premio «Grammy Latino al Mejor Álbum Folk», intrepretará para o público lucense temas de «FOK» o seu último traballo en solitario, de ENLLÀ en colaboración con Josep Maria Ribelles, un dos arpistas folk con maior proxección a nivel estatal e europeo e de SAMURAI, un proxecto imbuído coas cores de cada músico que foi parte desta alquimia desde o principio.

En «FOK» participaron máis de 200 músicos de Catalunya, Valencia, Balears e L`Alguer.  Un achegamento cheo de sentimentos e emocións a unha das culturas máis poderosas do Mediterráneo, co fío condutor do idioma catalán.

ENLLÀ é un disco con paisaxes sonoras dunha radical beleza: a forza das percusións, o feitizo hipnótico das arpas e o tratamento moderno da rítmica e o son. Emoción e forza nunha produción delicada onde os detalles, arranxos e unha procura sincera visten de moderna vitalidade melodías tradicionais e composicións propias.

Samurai é sobre todo unha aventura humana, un desafío cultural permanente onde a diversidade convértese nunha fortaleza, a diferenza nun equilibrio …, onde a beleza ocupa todo o seu lugar.

Acústico De KEPA JUNKERA
15 de diciembre a las 23:00
La Cosechera
Rúa Irmáns Vilar Ponte Lugo

COMPARTE ESTE ARTIGO NAS TÚAS REDES