NOV 2017 A Deputación  e Concello de Lugo promoven o concerto ‘Unha tarde na ópera’, dirixido por Fernando Gómez Jácome e coordinado por Julio Méndez, presidente do coro Cantar Delas. Un espectáculo que acolle o auditorio Gustavo Freire o sábado 25 ás 20:00 horas. A entrada é gratuíta, ata completar aforo. Tamén colaboran as formacións vocais Lugh; a coral polifónica do Hospital e o grupo coral Sólo Voces, que estarán acompañados polo pianista vilalbés, Aurelio Chao Fernández.

De entre todas as agrupacións, 16 membros interpretarán pezas que forman parte da programación de ‘Unha tarde de ópera’. A cita abrangue compositores como o clásico W. A. Mozart, o romántico  G. Verdi, pasando polo compositor de zarzuelas Fernández Caballero ao barroco G. F. Haendel.

Programa

– Ombra mai fu (Serse) G. F. Haendel
– Deh vieni, non tardar (Le nozze di Figaro) (1) W. A Mozart
– Sous le dôme épais (Lakmé) (1) (2) L. Delibes
– O mio babbino caro (Gianni Schicchi) (2) G. Puccini
– Coro degli zingari (Il Trovatore) (3) G. Verdi
– Laudate Dominum (1) W. A Mozart
– Casta diva (Norma) (2) V. Bellini
– Canción de Solveig (Peer Gynt) (1) E. Grieg
– Coro degli schiavi) ebrei (Nabuco) G. Verdi

INTERMEDIO

– Coro de doctores (El rey que rabió) R. Chapí
– Coro de barquilleros (Agua, azucarillos y aguardiente) (4) F. Chueca
– Coro de repatriados (Gigantes y cabezudos) (5) Fernández Caballero
– Donde estarán nuestros mozos (La del soto del parral) Soutullo y Wert
– Entrada de Paloma (El barberillo de Lavapiés) (6) F.A Barbieri
– Soledad (La verbena de La Paloma) (7) R. Chapí
– Habanera (Don Gil de Alcalá) (8) M. Penella
– Seguidillas (La verbena de La Paloma) R. Chapí

Cantar Delas

O coro Cantar Delas está composto por 24 voces femininas -11 sopranos e 13 altos- que recuperan cantigas medievais galegas, pezas de canto gregoriano e da cultura tradicional. Este grupo de voces brancas é una iniciativa posta en marcha en 2008 polo seu presidente, Julio Méndez e o director do coro, Fernando Gómez Jácome. Unha organización coa que tanto a Deputación como o Concello de Lugo colaboran moi estreitamente. 

Comparte este artigo nas túas redes