OCT 2017 O Sonoro Maxín é o único grupo galego que centra o seu repertorio nos ritmos latinos de verbena, acuñando e empregando nos seus concertos o termo “Galicia Tropical”. Estarán tocando en Lugo este martes 31 de outubro no Club Clavicémbalo – Rúa dos Paxariños 23- a partir das 23:50 h.
A partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon, Gum, Mutenrohi e The Pigmalions nace «O Sonoro Maxín» en Ourense, no 2007, ano do comenzo da festa e ritmos que quenten o corpo desde a identidade galega que os caracterizan.
Percorreron durante os seguintes anos toda a xeografía galega, Portugal e Alemania, con centos de concertos nos que puideron compartir escenario con grupos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka.
Agora, no 2017, chega un novo traballo co título Sete e dezasete unha chea de cancións que falan dun lugar da nosa vida que leva o teu nome, baila coma ti e canta coma ti cantas.
A festa galópalles polas veas. En cada un dos seus concertos, estoupa a Galicia tropical.