A noite do venres 20 dúas bandas de Vilalba tocarán no Club Clavicémbalo a partir das 23:30 e con entrada gratuita: PosterGel e Mi Perro Vincent.

PosterGel presentarán o seu segundo disco: Microuniversal. Podes escoitalo no seu bandcamp. Punk, rock, pop e psicodelia son os estilos musicales que tocan estos músicos de longa traxectoria que telonearon entre outros a Los Enemigos ou Celtas Cortos e acaban de quedar finalistas para tocar no Festival de la Luz co seu tema «Y fueron felices»

Mi Perro Vincent é un grupo de punk-rock e garaje positrónico do espacio interior. Traen ao Clavi o avance do seu próximo traballo discográfico e no seu bandcamp podemos escoitar unha boa mostra de cancións cheas da influencia dos Ramones ou The Queers. Por aquí andamos tolos con «Encuentros en la Terra Chá» e «Enamorado de una freak».