OCT 2017 A aposta «En Feminino», da  Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, organizadores do Festival de Jazz de Lugo, é digna de salientar e aplaudir. Dos 22 concertos de bandas de jazz de primeiro nivel mundial, 20 serán interpretados por mulleres. Ademáis haberá jazz en varias sedes: Círculo das Artes, o Vello Cárcere, o Club Clavicémbalo, a Casa do Saber, e no bar Ho! Gruf.



A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto xunto a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, o Presidente da Asociación organizadora, Alberto Grandío, e o Secretario da Asociación, José Luis Díaz Núñez, así como a Delegada de Cultura na provincia, María José Gómez Rodríguez. Fonte da foto: Gabinete Comunicación Deputación Lugo

«… converte á cidade de Lugo nun destino único para desfrutar deste grandísimo xénero musical, e que este ano ademais conta cun destacado protagonismo feminino. O Goberno da Deputación achega 15.000 euros para a realización deste programa co obxectivo de promover eventos culturais na provincia.” Pilar García Porto durante a presentación do Festival

PROGRAMACIÓN

O prezo das entradas é de 10 euros  (ou 5 para estudantes), e o abono para tódolos concertos será de 60 euros. Os tickets poden adquirise na caseta ó fondo da Praza Maior (12 a 14:00 horas e tardes a partir das 18:00 horas), nas mesmas salas dos concertos, ou online, na dirección www.notikumi.com/channel/festival-jazz-lugo.

Sábado 11
20:30 H RICCA
Círculo das Artes – Escenario 1906

23:45 H Olga Reznichenko Quinteto
Club Clavicémbalo

Domingo 12
18:00 H Por mí, Swing + O Sister!
Círculo das Artes – Escenario 1906

Luns 13
20:30 H INGRID JENSEN & CHRISTINE JENSEN QUINTET Featuring BEN MONDER
Círculo das Artes – Escenario 1906

Martes 14
20:30 H María Toro Project
Círculo das Artes – Escenario 1906

Mércores 15
20:30 H Magos Herrera
Círculo das Artes – Escenario 1906

23:30 H Michael Olivera Group. Special guest: MUNIR HOSSN & MIRYAM LATRECE (AIEnRUTA JAZZ 2017)
Club Clavicémbalo

Xoves 16
20:00 H GUILLERMO McGILL QUARTET AIEnRUTA JAZZ 2017
Casa do Saber USC

21:30 H Allison Miller «Boom Tic Boom» with Myra Melford, Ben Goldberg, Kirk Knuffke, Haggai Cohen & Charlie Burnham
Círculo das Artes – Escenario 1906

Venres 17
20:30 H Dave Douglas & Chet Doxas: Riverside with special guest Carla Bley featuring Steve Swallow and Jim Doxas
Círculo das Artes – Escenario 1906

23:00 H Odojazz
Club Clavicémbalo

23:50 H Mariola Membrives «Omega 20.16» AIEnRUTA JAZZ 2017
Club Clavicémbalo

Sábado 18
14:00 H Sesión Vermú con  Marian Ledesma & Tinaquero Brothers
Ho! Gruf

20:30 H Charenée Wade
Círculo das Artes – Escenario 1906

Domingo 19
20:30 H Melissa Aldana Quartet
Círculo das Artes – Escenario 1906

Información completa sobre cada concerto e entradas na web oficial do XXVII Festival de Jazz de Lugo

Diseño: Iván Mouronte

Comparte en tus redes a nova, que se entere todo Lugo e o mundo enteiro que hai este festivalazo