OCT 2017 A nova programación de concertos da tempada 2017/2018 da Sociedade Filarmónica de Lugo acaba de ser presentada pola Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, e o Secretario da Sociedade Filarmónica de Lugo, José Luís Díaz Núñez.

Trátanse das 10 actuacións que contarán con destacadas agrupacións e solistas nacionais e internacionais. As entradas para os non socios pódense mercar nas oficinas do Círculo das Artes. Os interesados en facerse socios da Sociedade Filarmónica de Lugo pódense inscribir en filarmonicadelugo@gmail.com. A cota mensual é de 11 euros. Ademáis, os alumnos do Campus Terra da USC e do Conservatorio de Lugo terán entrada gratuíta en todos os concertos.

Programación de concertos

Todos os concertos terán lugar ás 20:00 horas no Círculo das Artes de Lugo.

– O 25 de outubro, Camerata OSG con Vladimir Rosinskj de director.

– O 21 de novembro, Airas Ensemble con Haruna Takebe o piano.

– O 1 de decembro, Trío Camilli con Viktor Stenhjem, Óscar Alabau e Jean-Sélim Abdelmoula.

– O 17 de decembro, a Banda Filharmónica de Lugo con Iván Martínez Sabio de director.

– O 20 de xaneiro, a Orquestra Sinfónica Vigo 430 con Amihai Grosz á viola.

– O 28 de febreiro, Brahms Project con Josep Colomé, Joaquín Riquelme, David Apellániz e Enrique Bagaría.

– O 8 de marzo, a Real Filharmonía de Galicia con Paulo Gaio Lima ao violonchelo.

– O 24 de marzo, a Orquestra Sinfónica Vigo 430 co coro Rías Baixas.

– O 10 de abril, Quantum Ensemble.

– O 5 de maio, El León de Oro (LDO) con Marco Antonio García de Paz de director.

García Porto aproveitou a ocasión para felicitar a Sociedade Filarmónica de Lugo por “levar acabo este tipo de programacións lúdico-culturais, como os concertos que hoxe presentamos, dende o ano 1947 e contribuír, deste xeito, a facer de Lugo unha cidade cunha cultura musical histórica e importante. Dende o Goberno da Deputación colaboramos con este tipo de iniciativas co obxectivo de achegar, fomentar e difundir a música clásica nos cidadáns, ao tempo que ofrecemos audicións de destacadas agrupacións e solistas de todo o mundo”. 

Pola súa banda, Basadre Vázquez agradeceulle á Sociedade Filharmónica de Lugo que organicen un evento tan importante como este, “que enche a nosa cidade de cultura musical e co que se ten en conta á xente nova que está comezando no mundo da música clásica”.

O Executivo Provincial colabora cunha achega económica de 9.000 euros para a celebración de concertos durante todo o ano. Pola súa parte, o Concello de Lugo colabora coa sociedade con 5.000 euros.