NOV 2017 Este xoves 30/11 comezaron os actos da programación para conmemorar o 17 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade e o fixeron coa presentadión do poemario Muralla, lúa chea imperial, de Xosé Otero Canto e o concerto de Lucus Ensemble no Vello Cárcere.


Muralla, lúa chea imperial, de Xosé Otero Canto, é unha publicación que edita o Concello de Lugo, e consta de 30 poesías con acenos á historia e á mitoloxía, transporta aos lectores nun xogo de luces e sombras dende a firmeza etenra da pedra á máis fráxil e efémera gota de chovia que estala sobre a Muralla, tal e como o describiu Xosé Luis Vázquez Somoza.

Sinalar que foi escrito íntegramente na muralla, no adarve, nos paseos inspiradores do autor, Xosé Otero Canto. (Fotos do acto despois das do concerto)

Acto seguido tivo lugar un concerto dos Lucus Ensemble, agrupación musical mixta de vento e corda formada por músicos vinculados a Lugo que deron un recital maravilloso.

Para mañá, o Concello ten programado, a partir das 21:00 horas, un acto de de recreación do inicio da construción da Muralla de Lugo, Moenia Lucensis Civitatis, na Praza Maior, diante da Casa do Concello. A continuación, a partir das 21:30 horas, continuará o acto na Ronda da Muralla, pola zona da Mosquera e cun desfile posterior polo adarve dende o Cantiño ata a Porta de Santiago e polo recinto histórico.

ATENCIÓN: A Ronda da Muralla, no tramo comprendido entre a Praza da Constitución e a Porta de San Pedro, estará cortada ao tráfico rodado o vindeiro venres, 1 de decembro, dende as 20:00 ás 22:30 horas, con ocasión da celebración dos actos do 17 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade. O corte non afectará ao cruce da rúa San Roque.

O sábado, 2 de decembro, ás 20:30 horas celebrarase unha charla do profesor e historiador Javier Gómez no Auditorio do Vello Cárcere e a continuación realizarase un paseo nocturno pola Muralla. Os actos finalizarán o domingo, 3 de decembro, ás 13:00 horas coa actuación do coro de nenas e nenos da Banda Filharmónica de Lugo no patio do Vello Cárcere.

COMPARTE ESTE ARTIGO NAS TÚAS REDES