O espectáculo

A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas.

Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia.  Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.

A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, é a encargada de presentar as crianzas esta personaxe, un carboeiro de barba
vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e
desexos de felicidade e comida.

A súa historia trasmitiuse a través da tradición, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán. Na última década,  asociacións e
colectivos culturais de distintos puntos de  tomaron a iniciativa para recuperar este personaxe e as lendas e ritos que a rodean.

Promove: Vicepresidencia da Deputación

Calendario

Martes, 13 de decembro
A PONTENOVA
CEIP da Pontenova
FOZ
CEIP Nº 1 de Foz

Mércores, 14 de decembro
PORTOMARÍN
CEIP Virxe da Luz

Xoves, 15 de decembro
GUNTÍN
CPI Tino Grandío
LUGO
Antiga Escola de Barbaín. Semente Lugo

Venres, 16 de decembro
CHANTADA
CEIP San Xoan de Requeixo

Sábado, 17 de decembro
TRIACASTELA
Fonte do Lunar
OUROL
Local Social de Bravos

Domingo, 18 de decembro
ALFOZ
Casa da Cultura
RIBADEO
Praza 8 de marzo

Luns, 19 de decembro
O INCIO
CEIP Ricardo Gasset
LUGO
CEIP As Gándaras

Mércores, 21 de decembro
PANTÓN
CEIP Monte Baliño
LUGO
CEE Santa María

Xoves, 22 de decembro
SARRIA
Escola Educación Infantil Xela Arias
O PÁRAMO
CEIP do Páramo
SAMOS
CEIP de Samos

Venres, 23 de decembro
CARBALLEDO
Punto de Atención á Infancia

Sábado, 24 de decembro
A PASTORIZA
Salón de Actos do Concello

Luns, 26 de decembro
BEGONTE
Telecentro
POL
Escola de Cirio

Mércores, 28 de decembro
A FONSAGRADA
Os Chaos

Xoves, 29 de decembro
O SAVIÑAO
Auditorio Municipal de Escairón
RIOTORTO
Centro Sociocultural Avelino Díaz
LOURENZÁ
Salón de Actos do Concello

Sábado, 31 de decembro
VILALBA
Casa Escola de Román

Luns, 2 de xaneiro
CARBALLEDO
Campo da Feira de Castro
LUGO
Escola de Pías