A Banda Municipal de Música toma as rúas de Lugo

A segunda edición das Ruadas da Banda Municipal de Música de Lugo comezarán o martes 6 de xullo na rúa Nova co grupo de Clarinetes. O mércores 7, o grupo de Saxos tocará na rúa San Marcos, mentres que o mércores 8 o grupo de Metais estará na praza de Armañá.

O día 13, o grupo de Saxos situarase na rúa da Raíña. Para o mércores 14, o grupo de Metais repetirá na praza de Ferrol, e o venres 15 a praza da Milagrosa contará co grupo de Clarinetes.

Na última semana das Ruadas, o grupo de Metais situarase o martes 20 na praza de Maior,. O mércores 21, o grupo de Clarinetes situarase en Bispo Aguirre, e o xoves 23, as Ruadas rematarán co grupo de Saxos en Campo Castelo.

Todas as audicións terán lugar ás 12 horas.

Presentación oficial

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a segunda edición das Ruadas da Banda Municipal de Música, que volverá por segundo ano a achegar as distintas agrupacións da Banda ás prazas da cidade. «Trátase dunha proposta que foi moi exitosa o ano pasado, e que nos permite continuar a animar os paseos pola cidade durante o verán ao mesmo tempo que fomentamos o comercio local», explicou Maite Ferreiro.

Maite Ferreiro declarou que «desde a área de Cultura seguimos traballando para garantir a continuidade dunha banda municipal con máis de 100 anos de historia».