A Deputada de Cultura, Pilar García Porto e o xerente da Fundación Uxío Novoneyra, Uxío Novoneyra, presentaron  no Obradoiro do Libro do CENTRAD, un curso sobre edición de novas tendencias literarias, que organiza dito colectivo. Con esta proposta, na que participarán autores e editores galegos, os asistentes realizarán unha antoloxía de nova poesía luguesa, así como unha mostra expositiva da evolución dos soportes-libro.

García Porto avanzou que “esta iniciativa está enmarcada dentro do marco de colaboración que mantemos coa Fundación. Con esta proposta queremos traer á provincia unha formación actualizada nas tendencias de edición literaria de vangarda, con formación técnica, e contando ademais coa experiencia dos profesionais do sector de maior relevancia de Galicia”.

Curso dende 6 abril ao 5 de maio no CENTRAD

Uxio Nononeyra explicou que “o curso consta de 60 horas, realizárase entre o 6 de abril e 5 de maio, e impartirase na aula Central do CENTRAD. Concretamente serán 45 horas de formación intensiva en industria editorial (homologables a curso de formación ocupacional e intercambiable por 2 créditos da USC, xa en negociación), así como 15 horas de formación con eventos relacionados na materia”. Está aberto ao público en xeral, e para ver o programa e inscribirse, hai que ir ao seguinte link da Fundación; http://uxionovoneyra.com/formacion/curso-novas-tendencias-literarias/