![]() |
Fonte da foto: Gabinete Comunicación Concello |
NOV 2017 A campaña En Negro Contra As Violencias busca fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas como forma de resposta colectiva.
O uso de materiais específicos da campaña por parte da cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais axudará a identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero. A día de hoxe hai 3564 establecementos participando nesta acción, ademáis do Concello de Lugo, Deputación de Lugo, e outras 73 entidades (concellos, deputacións, axentes sociais….)
Co obxectivo de premiar a promoción e difusión da campaña En Negro Contra As Violencias e axudar a facer visible a protesta contra as violencias machistas , o Concello de Lugo – a través da Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión- convoca este concurso de fotografía Lugo En Negro Contras as Violencias Machistas. Para participar:
- Ser maior de 16 anos
- Subir ao perfil persoal do teu face ou twitter unha fotografía na que saia material da campaña En Negro Contra As Violencias, usando o hasthatg #LugoEnNegro
- Só será válida unha fotografía por perfil
- Segue ás páxinas de Cultura e Turismo Lugo e Desenvolvemento Local Lugo, no Facebook, ou aos perfís @lugoturismo e @desenvolvelugo no Twitter.
- Tes ata o domingo 26 de novembro
PREMIOS:
O concurso consta de 4 premios, en forma de camisetas En NegroContra As Violencias acompañadas dun lote de libros:
1 camiseta asinada polos xogadores do Breogán + 1 lote de libros cedidos pola Deputación de Lugo
1 camiseta asinada polos xogadores do Lugo + 1 lote de libros cedidos pola Deputación de Lugo
1 camiseta asinada polo Ensino + 1 lote de libros cedidos pola Deputación de Lugo
1 camiseta asinada polo Emevé + 1 lote de libros cedidos pola Deputación de Lugo
As catro fotos gañadoras quedarán a dispor do Concello de Lugo sen ningún tipo de custe de por medio
A determinación das fotos gañadoras dos premios terá lugar o día 11 de decembro de 2017.
Comparte este artigo nas túas redes.
Nota: aproveita e descarga da web oficial da campaña, banners e imaxes para o teu perfil ou cabeceira do face, twitter etc … Todas e todos en negro, contra a violencia.