Fuente: unsplash – imágenes libres de derechos


NOV 2017 O Goberno da Deputación ven de abrir o prazo de solicitude para que todos os artesáns que o desexen participen no Mercado de Nadal. É o mercado que organiza o organismo provincial durante estas datas na Praza de San Marcos para potenciar a comercialización de produtos artesanais e dinamizar o comercio, pois esta iniciativa inclúe, ademais, a celebración de múltiples demostracións e actividades no centro da cidade para persoas de todas as idades. O prazo de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 30 de novembro inclusive, tras a publicación das bases este xoves no BOP.

En www.deputacionlugo.gal publicarase toda a documentación necesaria, que os interesados deberán presentar no Rexistro Provincial ou a través das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das institucións públicas.

No mercado poderán participar un mínimo de 12 profesionais e un máximo de 24, pois conta con 12 casetas que poden compartirse. Mercado de Nadal está aberto a todos os profesionais que conten coa carta oficial de artesáns. Como novidade, este ano a Deputación levará unha caseta de información.

Para a súa selección, valorarase a calidade do proxecto; as demostracións que ofrezan aos cidadáns, a antigüidade da carta de artesán; a innovación técnica; o emprego de materiais autóctonos e ecolóxicos; a identificación coa zona de procedencia en relación ás pezas elaborados; o deseño do posto; a incorporación á marca Artesanía de Galicia, entre outras cuestión.

O mercado abrirá o 21 de decembro e permanecerá ata o 5 de xaneiro. (Pechará os días 25 de decembro e 1 de xaneiro). Os horarios serán de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas (o 24 e 31 de decembro o horario de tarde será de 16:00 a 18:30 horas).