Concerto de Joan As Police Woman en Lugo. O Vello Cárcere o 27 de febreiro de 2022.

Joan Wasser -coñecida artisticamente como JOAN AS POLICE WOMAN– é unha cantautora, produtora, guitarrista e violinista estadounidense que iniciou a súa carreira musical en 2004.

As súas composicións transitan entre o indie-rock, o soul clásico, sons experimentais e un toque moi persoal, onde teñen tamén cabida diversos estilos. O seu afán pola experimentación viuse reflectida en todos os seus traballos, sempre eloxiados e ben recibidos por prensa e público.

Experta en colaborar con outros músicos, Joan Wasser prestou as súas cordas vocais e instrumentais a grandes artistas como Elton John, Rufus Wainwright, Sheryl Crow, Sparklehorse, Scissor Sisters, Antony and The Johnsons, Placebo, Gorillaz …

No seu concerto en Lugo presentará cancións do seu extenso repertorio xunto a temas do seu novo traballo ‘’ The Solution Is Restless’’.

O acceso será GRATUÍTO mediante INVITACIÓN, que vos podedes descargar en Ataquilla

O concerto forma parte da programación do #CicloXacobeoImporta22