A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua continúa co festival de arte urbano Culturbán, que se inicioua finais do 2020 coa realización dun combate de murais ao aire libre. O artista local Iago Eireos encargarase nesta nova fase do proxecto de realizar un mural á altura do número 145 da Ronda da Muralla, no cruce coa rúa Poeta Noriega Varela. “Con este proxecto buscamos conseguir un Lugo vangardista, participativo e amable, mellorando a imaxe da cidade con accións en distintos puntos”, explicou o Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo

 

O festival de arte Culturban é unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade. «Trátase dunha fórmula de interacción global coa cidade e cos seus barrios, tanto a nivel urbanístico como social», declarou Rubén Arroxo, que engadiu «trátase dunha experiencia única xa que durante todo o proceso creativo se usarán as rúas de Lugo, tanto como taller de traballo, como lenzo e como galería».

Exposición Combate mural: muller, igualdade e empoderamento

Arroxo lembrou que se pode visitar no MIHL a exposición Combate mural: muller, igualdade e empoderamento até o 11 de febreiro. A exposición conta con todos os murais realizados no combate mural que deu comezo ao Culturban o pasado 31 de outubro.

Iago Eireos realizará un mural na Ronda da Muralla