XAN 2018 Na 38ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra esta semana en Madrid,  Lugo vai amosar o seu lado máis moderno e dinámico a través  da terceira edición da campaña Ven, é Lugo que promove o Concello e o seu novo vídeo promocional do municipio, folletos promocionais, tanto en español como inglés ou francés -para facilitar o acceso a mercados internacionais-, así como guías, planos ou marcapáxinas, ou pequenos libros do Vello Cárcere

No video hai espazo para as festas do San Froilán e o Arde Lucus, o Cemiterio Municipal -destacado polos premios de Mellor Monumento Arquitectónico e camposanto coa mellor actividade de portas abertas de España-; o Mercado Municipal, o Vello Cárcere ou o MIHL; sen olvidar a esencia turística do municipio, basada no patrimonio natural e arquitectónico, incluíndo os 3 Patrimonios da Humanidade (A Muralla, a Catedral e o Camiño Primitivo), así como a Ponte Romana, a Ponte da Chanca ou a Casa Consistorial, entre outros … o que redescubrirá un Lugo de sensacións, un destino para os sentidos, cheo de diversidade e dunha gran riqueza cultural

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, viaxarán a esta «cita ineludible para o turismo internacional» para presentar este xoves o vídeo promocional da cidade, que pon o acento en Lugo como un destino aberto os 365 días do ano no que hai de todo, para todos; así como para impulsar o municipio entre os 165 países e rexións que estarán presentes nesta feira, que agarda a 250.000 visitantes, recibindo a pasada edición a 244.972, 75.500 o stand galego.