Música e audiovisual experimental en directo co Ciclo Experimenta!, do 21 ao 23 de xullo, en distintos espazos da cidade de Lugo.
Matsu é un proxecto de música electrónica que nace da experimentación e exploración da música ambiental, e a súa conxugación coa electrónica de baile.
O Xoves 23 de Xullo nos xardíns do Pazo San Marcos, ás 20:30 h GAZELLA poñen fin ao ciclo cunha evolución dos seus shoegaze e dreampop atmosféricos.
Formada a finais de 2021 en Valencia, Gazella defínese como unha banda con claras inquietudes creativas sen prexuízos nin medo á experimentación. Gazella bebe de diferentes fontes que van desde o shoegaze e o dream pop de principios dos 90 propios de bandas como Slowdive ou My Bloody Valentine, ata o rock/indie alternativo de Yo la tengo ou Radiohead.
“Gazella” (homónimo) é o primeiro álbum co que a banda se ha dado a coñecer ao público. Exposto como unha viaxe introspectivo e experimental, explora os conceptos do onírico, o anhelo, a superación ou inquietude persoais, entre outras sensacións, a través dunha serie de temas moi diferentes entre si pero cun aura común que se move entre a música alternativa, o dream pop, o shoegaze e a electrónica.
“Vías”, o seu segundo disco, é un álbum máis repousado e sen demasiados contrastes. Acompaña a quen pasea sen querer chegar a ningún sitio e, quizá por isto, lévache a algún sitio. Un disco lixeiro, que depura as ideas do primeiro álbum e ofrécenos nove cortes vinculados á electrónica e ao ambient, pero tamén á psicodelia e ao post rock dos 90.
https://www.instagram.com/gazellagazellagazella/
EXPERIMENTA
O Ciclo Experimenta nace para procurar outras vidas a espazos agochados da nosa cidade e tamén para transformar os usos para os que foron inicialmente deseñados noutros destinos sociais, culturais e artísticos coa música en directo como motor de movemento.
Con estes vimbios confecciónase o Ciclo Experimenta que Tele-Clube organiza, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo (Vicepresidencia – Cultura)
A riqueza e diversidade das linguas, o audiovisual, a poesía e a mestura da música folclórica e tradicional con propostas innovadoras e rupturistas son os eixos en que se fundamenta esta andaina do Ciclo Experimenta, que se desenvolverá en escenarios distintos da cidade.
O movemento entre espazos provoca cambios na percepción do público, en tanto que axentes principais dos espectáculos.






























