![]() |
Fonte: Gabinete Comunicación Deputación da Coruña |
OCT 2017 A Deputación da Coruña nomeu a Carlos Valcárcel Gay como Fotógrafo Histórico, en recoñecemento a súa traxectoria de máis de medio século de creación fotográfica.
O Salón de Sesións da Deputación da Coruña acolleu o acto en que a responsable da Área de Cultura e vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei , fixo a entrega do diploma honorífico co que se recoñece a dilatada traxectoria do fotógrafo lucense.
Sanmartín, destacou o traballo de Valcárcel calificandoo como «un artista cunha mirada singular e específica», coa que foi quen de captar «imaxes de Galicia en blanco e negro que nos transmiten a historia das súas persoas e mailos seus sentimentos».
Pola súa parte, o coordinador do programa de actividades do premio Luis Ksado da Deputación da Coruña, Xurxo Lobato, aproveitou a súa intervención para repasar a traxectoria fotógrafo nado en Lugo en 1929, subliñando que, malia non se ter dedicado profesionalmente ao oficio, «a fotografía sempre foi súa vida». Lobato reparou, pola súa parte, na imaxe tomada polo fotógrafo dun grupo de mulleres vestidas de negro en Muros, «viuvas de mortos» pola que dixo sentirse impresionado. «As súas fotografías ademais de mostrar a inmensa creatividade son tamén documentos da nosa historia. Vemos un pasado, unha mirada etnográfica», dixo Xurxo Lobato quen falou da condición de «histórico» de Carlos Valcárcel e da súa modernidade ao continuar a publicar as súas imaxes a través da rede instagram.