FEB 2018 O Proxecto Comunitario SILO (Operacións Literarias Socialmente Inclusivas), trátase dunha iniciativa de carácter inclusivo desenvolvida pola Fundación Uxío Novoneyra coa colaboración do Goberno da Deputación co que achegar nos vindeiros 3 anos a literatura galega por toda Europa e a europea por Galicia. Este novidoso plan, dotado de 335.000 euros,  está dirixido a promocionar a literatura en lugares, como por exemplo poboacións illadas do rural e da Montaña, como O Courel; centros escolares; residencias de maiores, así como colectivos vulnerables: drogodependentes ou reos, entre outros.

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto avanzou que a primeira xornada deste encontro celebrárase dende o 21 ao 26 de agosto no Courel, e haberá un intercambio de escritores, poetas, tradutores de toda Europa.

o SILO é o único proxecto de Europa Creativa que se realiza na provincia de Lugo, cun investimento de 335.000 euros dos que 200.000 euros son financiados pola Unión Europea, e 135.000 euros polas 7 entidades internacionais: Fundación Uxío Novoneira, en España; Aarhus Public Libraries e Aaurus Universitet, en Dinamrca; Association Krokodil, en Serbia; Câmara municipal da Madalena do Pico, en Portugal; Cultuurhuis de Warande, en Bélxica; e Szepirok Tarsasaga, en Hungría. A través desta iniciativa, que conta posúe un marcado carácter internacional, dende o Goberno da Deputación contribuímos a promocionar a literatura, tanto a galega como a europea, poñéndoa ao alcalde de persoas de difícil inclusión social ou de colectivos vulnerables”.  García Porto

O SILO, enmarcado dentro proxecto de Europa Creativa, está destinado a impulsar os sectores culturais e creativos como o cine, a televisión, as artes escénicas e visuais, deseño e artes aplicadas, música, literatura, patrimonio cultural material e inmaterial, entre as persoas con maior dificultade de acceso ás mesmas. Ademais, un dos obxectivos deste proxecto é profesionalizar e internacionalizar as autoras e autores e traballadoras culturais do país, así como os legados literarios dos que dispomos. Este proxecto contará tamén con unha plataforma dixital coa que os participantes de toda Europa poderán interactuar.

Este programa ademais de colocar a Lugo na primeira división de desenvolvemento de políticas de democratización cultural en Europa, permitirá xerar sinerxias entre outras entidade de referencia como son o servizo de Bibliotecas de Aarhus, Capital Europea da Cultura no 2017, o Cultuurhuis de Warande, o centro cultural mais innovador de Bélxica, ou as meirandes feiras do Libro de Europa, como a de Budapest e Serbia”