XAN 2018 O pregón marcará o inicio do entroido en Lugo, o venres día 9, ás 20:00 horas. Un entroido libre de sexismo como dí a campaña «Desenmascara o machismo» impulsada pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, para ensinar a vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas dende a nenez

A campaña, impulsada polo Goberno de Lugo, ten por finalidade ensinar a vivir o entroido libre de roles e estereotipos sexistas dende a nenez. Céntrase, principalmente, na responsabilidade á hora de comprar disfraz e inclúe algunhas cuestións a ter en conta no momento da súa selección, sobre todo para os infantís: descartar aqueles que supoñan unha hipersexualización, por exemplo aqueles que existen en dúas versións, temáticos para o neno e sexy para a nena, que os disfraces podan ser utilizados indistintamente polas nenas e nenos, que desenvolvan a imaxianción e que favorezan a cretividade, entre outros.

PROGRAMA

O venres día 9, ás 20:00 o pregón no Salón de Plenos do Concello, a cargo da xornalista Lourdes Abuide. Posteriormente actuarán as charangas VKpinta e Garrafón.com polo recinto histórico e terá lugar a representación teatral Ti déixasteme querer?, no fondo da Praza Maior, a cargo da Escola Palimoco Teatro Danza, Grupo de Teatro Down Lugo e Palimoquiños, unha función adicada a Manuel Antonio Martínez -Manu-, deseñador lugués falecido recentemente tras unha longa loita contra unha enfermidade.

En total serán 17 charangas e 6 grupos de teatro para que, de forma itinerante, polos distintos barrios da cidade, se poda gozar con distintas actuacións, tanto de música como de teatro.

O sábado 10 será a quenda de Raíces do Campo, Os Virtuosos do Tinto, a Banda Filarmónica Infantil, Ars Nova, Nova Escena Granxa Menor, Viño Branco, Os Caliqueños, Achádego, e Troula Animación

domingo 11, de Son de Lugh, Os Amigos de Manolo, Charanga Paradela e os Campeiros de San Xoán do Campo.

Pola súa bando o luns 12, a música poñerana Os Virtuosos do Tinto, a Charanga Terra Chán Os Jaláctivos, Perkusiona e Arde-Yu-Kú e o toque humorístico o grupo Nostrum Cai Swing Vergoña. O propio día do Entroido actuará Tambukada e as charangas A Excusa e Noroeste.

O tradicional concurso de disfraces infantil terá lugar o sábado 10 e o de adultos celebrarase o martes 13. Ambos os dous comezarán a partir das 17:00 horas e repartirán un total de máis de 6.000 euros en premios. Os participantes concentraranse na praza da Soidade -en caso de choiva, nos soportais do Mercado Municipal-, media hora antes do desfile, co seguinte  percorrido: rúa Antón Fraguas Fraguas, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, rúa da Raíña e Praza Maior. As inscricións deberán realizase no departamento de Cultura, na Praza Maior, antes das 14:30 horas do venres 9 e do luns 12, respectivamente. En cada unha das categorías haberá un premio especial para os disfraces de ealboración propia e con materiais reciclados.

O programa de actividades rematará o 14 de febreiro, mércores de cinza, co tradicional enterro da Sardiña, ás 20:00 horas. Para rematar o Entroido celebrarase o xa clásico concurso de ferretes, que conta coa colaboración do Concello, e cunha dotación de 500 euros en premios.



PREMIOS DOS CONCURSOS DE DISFRACES

O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na nosa cidade.

Os premios son os seguintes:

En canto a nenos e nenas

Individual

• 1º premio:  vale por lote de libros de 50 euros
• 2º premio: vale por lote de libros de 40 euros
• 3º premio: vale por lote de libros de 30 euros
• Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 50 euros

Parellas

• 1º premio: vale por lote de libros de 75 euros
• 2º premio: vale por lote de libros de 60 euros
• 3º premio: vale por lote de libros de 50 euros
• Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros 75 euros

Comparsas

• 1º premio: vale por lote de libros de 150 euros
• 2º premio: vale por lote de libros de 120 euros
• 3º premio: vale por lote de libros de 100 euros
• Premio especial ao disfrace reciclado: vale por lote de libros de 150 euros

Para os adultos

Individual

• 1º premio: 500 euros
• 2º premio: 300 euros
• 3º premio: 200 euros
• 3 premios de 50 euros

Parellas

• 1º premio: 600 euros
• 2º premio: 400 euros
• 3º premio: 300 euros
• 5 premios de 100 euros

Comparsas

• 1º premio: 1.100 euros
• 2º premio: 800  euros
• 3º premio: 600 euros
• 7 premios de 200 euros

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, foi quen presentou esta completa programación que organiza o Concello para este Entroido, un entroido escénico, animado e moi popular.