Novo evento musical en Lugo, o «I encontro de zanfona de Lugo», terá lugar a fin de semana do 17 de setembro e o programa é o seguinte:
PROGRAMA «I encontro de zanfona de Lugo»
A entrada aos concertos será gratuíta ata completar a cabida da carpa da Pza da Soidade
Venres 17
Actuacións de rúa entre as 18:30 e as 20:30
– O cego e o criado
– Os cegos da veneira
Concerto na praza da Soidade ás 20:30
– Tundal
Sabado 18
Concerto didáctico para nenas na praza da Soidade ás 12:00
– Luís Caruncho e Chus Folqueira
Concerto na praza da Soidade ás 13:00
– Miro Casabella
Actuacións de rúa entre as 18:30 e as 20:30
– O cegho de Matamá e Aldariña de Candeán
– Escola cultural municipal de zanfona de Narón
– Zanfoneiros da Tradescola
Concerto na praza da Soidade ás 20:30
– Pärbo
Domingo 19
Actuacións de rúa entre as 11:30 e as 13:30
– Monifates
– Grupo de zanfonas da EIPG de Suso Vaamonde
Aula aberta de Zanfona entre as 12:00 e as 13:00 horas
– Aula de Germán Díaz con alumnado da Tradescola
Concerto na praza da Soidade as 13:00
– Obal
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro presentou xunto con Mónica Fernández, coordinadora da Tradescola e Xaneco Tubío, presidente da AGG representantes da Asociación de Gaiteiras Galegas o I encontro de zanfona de Lugo, que terá lugar durante esta fin de semana. Maite Ferreiro afirmou que “con este encontro buscamos dar a coñecer a zanfona, dándolle o protagonismo ás distintas propostas existentes con este instrumento tanto na música tradicional como na contemporánea”.
A edil de Cultura destacou a riqueza da música tradicional galega, e destacou que “a música tradicional galegas está considerada como unha das máis ricas de europa tanto en calidade como en cantidade e variedade”, e destacou que “con este encontro homenaxearemos a todas as persoas que adicaron e adican a súa vida a coñecer e explorar os usos da zanfona para manter viva a súa riqueza cultural”.