Verán de concertos lucenses na praza da Mosqueira. 23 concertos entre o 17 de xuño e o 27 de agosto dentro do ciclo Muralleando 2022.
Mixtape, Suda K S, Caivanca, Galician Army, Banda Filarmónica de Lugo, Adrián Vigo, Reviravolta, Man de Santo, El último burro, Branca Villares e Pablo Pintor, Arrhytmia, Proxecto Valley, Milesios, Minton’s Jazz, Trinitá, Iria Estévez, Filophóbicas, Planeta B, Carmela, Vrásica, The Lonely Tracks, Airiños da freba e Untides son os artistas e grupos lucenses do Muralleando 2022 que promove a área de Cultura do Concello.
Os concertos son gratuítos e terán lugar os venres e sábados, a partir das 20:30, entre o 17 de xuño e o 27 de agosto.
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, lembrou que «o Muralleando xa está consolidado como unha das actividades culturais máis importantes para os meses de verán, continuando co espírito de ser o punto de encontro das agrupacións locais, e que este ano se ubicará na renovada Praza da Mosqueira, un espazo que está destinado a ser importante na programación cultural, e que despois do Muralleando acollerá un dos escenarios do San Froilán”.
Programación Muralleando 2022
Xuño
17 – Mixtape
18 – Suda K S
24 – Caivanca
25 – Galician Army
30 – Banda Filarmónica de Lugo
Xullo
1 – Adrián Vigo
2 – Reviravolta
8 – Man de santo
9 – El último burro
15 – Branca Villares e Pablo Pintor
16 – Arrhytmia
22 – Proxecto Valley
23 – Milesios
29 – Minton’s Jazz
30 – Trinitá
Agosto
5 – Iria Estévez
6 – Filophóbicas
12 – Planeta B
13 – Carmela
19 – Vrásica
20 – The lonely tracks
26 – Airiños da freba
27 – Untides