Campamentos e actividades de verán no Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, San Paio de Narla e o Pazo de Tor (Rede Museística Provincial)

 A Rede Museística Provincial presentou no Museo de Lugo as actividades de verán, con distintos obradoiros e propostas didácticas arredor dos recursos e coleccións dos museos pensadas para nenas e nenos de distintas idades.

As actividades desenvolveranse nos meses de xullo e agosto, cunha axenda propia en cada un dos centros da rede -o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, San Paio de Narla e o Pazo de Tor-. Desde sesións para coñecer o traballo en escavacións arqueolóxica, dirixidas polo arqueólogo Enrique Alcorta, ata obradoiros de distintas disciplinas artísticas coa implicación de artistas locais, convivencias interxeneracionais a redor da tradición oral e viaxes aos distintos museos provincias.

Inscricións

A axenda de actividades pode consultarse na plataforma multicanle da Rede Museística Provincial, comunidadermpl.com, onde tamén se accede á solicitude de preinscrición en cada unha das actividades.