CANCELADO – CANCELADO

Falece a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos Fondo.

Todo o noso apoio á familia e amizades. Unha aperta xigante a Lugo, un forte abrazo colectivo. Programación do Entroido 2025 en Lugo

Venres 28/02 Pregón do Entroido ás 20:00 h. na Pz Maior, a cargo da recoñecida música Branca Villares. O evento contará con gradas, unha pantalla xigante e unha carpa en caso de choiva e música en directo de Condensadores de Fluzo.  A partir das 21:30 h, charanga Os Chafalleiros e Batukada Escándalo de Sons polo recinto histórico. Sábado 01/03 III Festa da Filloa, na rúa Quiroga Ballesteros, de 11:00 a 14:00 hs e de 16:00 a 19:00 h. 12:30 h.“AUCHH!” de Abraham Arzate e ás 17:00 h. Desfile Infantil de Disfraces, coa animación musical de Tambukda e o espectáculo de malabares “Malabarabilidades” de Fran Boza, na Pz Maior. 20:30 h. Tambukda polo recinto histórico. Domingo 02/03 12:30 h. “Consertasso na Horta” de Brais das Hortas, e ás 18:00 h. Gala de Circo Introitos, con Pakolas, Marta Sempre Arriba, Henriko e Martilda. Presenta: Carmen Conde na Pza Maior. Luns 03/03 De 17:00 a 18:00h: obradorios gratuítos para crianzas no Entroido no Vello Cárcere:

‘Pequenos Exploradores do Entroido’ (0-4 años) 10 prazas e ‘Obradoiro de Máscaras Creativas’ (4-10 años) 15 prazas. Inscrición: 982 297 195 /

vellocarcere@lugo.gal Impartidos por Cunina Centro socioeducativo Lugo. 21:30 Bloco Meigallo polo recinto histórico. Martes 04/04 12:30 h “Lullaby” de Proyecto Kavauri na Pz Maior 17:00 h Desfile de Disfraces para adultos na Pz Maior, con música de Tambukda. Mércores 05/05 Enterro da Sardiña e 20º Concurso de Ferretes. Sairá ás 20:00 h do Círculo das Artes, e contará coa colaboración dos Estoupacaldeiros e as actuacións da Charanga CDV Band e o Orfeón Xoán Montes. As bases dos concursos de disfraces despois das seguintes imaxes:

O Tenente de Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron a programación con 18 actividades destinadas a todos os públicos.

BASES CONCURSO DISFRACES ADULTOS:

BASES CONCURSO DISFRACES INFANTIL:

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo