Festa da Primavera en A Tinería

Sábado 26 de abril de 2025 – Barrio da Tinería – de 12:00 a 19:30 horas

Unha festa pensada para todas as idades e para gozar en familia dun día especial con música, obradoiros, mercadiño, concurso de balcóns…
 
Adianto do programa:
 
Ás 12:00 comeza a actuación itinerante da Lilicleta 
 
A partir das 14:00 e ata as 19:30, sesión musical do DJ KR-ON
 
Durante toda a xornada haberá un mercadiño con flores, gastronomía e artesanía 
 
Obradoiros para todos os públicos con Marga  Portomeñe: flores de papel e paxaros con material de refugallo
 
Concurso de decoración de balcóns e fiestras con premios para os máis creativos