Concerto de LocoMía no «Lugo sen Armarios»
A Horta do Seminario acolle o venres 19/07 a partir das 21.00 horas os concertos dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón, para despois dar paso á actuación do novo conxunto creado por Xavi Font.
Lugo se sumou o pasado 28 de xuño ao resto de cidades que celebraron o Día Internacional do Orgullo.
Baixo o lema `Lugo sen Armarios´, a área de Igualdade e Inclusión do Concello, puxo un marcha un programa de actos para festexar este día pero tamén para chamar a atención sobre a realidade da diversidade social como parte da nosa sociedade.
O venres 19/07, como parte deste programa, a Horta do Seminario acollerá a partir das 21.00 horas, o concerto de Dj Frisco e Marcos Peón, para despois dar paso ao novo grupo creado polo entón creador do conxunto primixenio, Xavi Font.
A concelleira de Igualdade e Inclusión Social, Ángeles Novo, sinalou que “Se trata dun dos actos incluídos no programa do Día Internacional do Orgullo, no que agardamos boa asistencia e que a xente responda; por unha banda, pola súa faceta musical, e tamén polo claro compoñente reivindicativo dunha realidade social que debemos apoiar e defender”.
Ángeles Novo explicou ademais, que “ao igual que a Horta do Seminario foi protagonista o pasado 28 de xuño coa concentración de todos os colectivos e persoas que quixemos amosar o noso apoio no Día do Orgullo, mañá tamén o será, pechando así os actos que programamos desde o Concello de Lugo”.
O primeiro grupo LocoMía foi todo un referente da música electrónica e pop de finais dos anos oitenta e primeiros dos noventa, e marcou un fito pola súa estética transgresora, o seu vestiario e estilo propios. Todos estes ingredientes forman parte do novo conxunto de música electro-pop posto en marcha polo creador do conxunto primixenio, Xavi Font.