Programación para setembro en A Hedreira (Centro social autoxestionado en Lugo. Rúa Catasol, 17 baixo):
 
Encontro para elaborar produtos naturais de limpeza.
Se non sabes ven a aprender, se xa sabes ven a compartir. Encontro no que se elaborarán produtos de limpeza.
 
Ciclo menstrual, saúde e nutrición.
Sabías que a túa saúde xinecolóxica mellora coa alimentación? Con Candela Martínez, Dietista-Nutricionista (@SabeQueAlimenta)
 
A actividade é un taller no que traballaremos o funcionamento do ciclo menstrual e as súas repercusións no organismo, os parámetros dun ciclo menstrual saudable, o autocoñecemento, a relación entre o ciclo menstrual e a alimentación, tamén na dor e na menopausia e pautas para mellorar.
 
Barrios polo clima, organizado por Ecoloxistas en Acción Lugo.
 
Presentación da campaña. Proceso participación, onde serán as veciñas e veciños os que decidan as medidas necesarias, organizando actividades de concienciación cidadá e presentando a administración medidas concretas consensuadas pola cidadanía.
 
Outro Garañón na muralla?
Coloquio sobre o que acontece na esquina de San Roque-Ronda da Muralla. Integrantes da plataforma Foro do Camiño Primitivo explicarán o proxecto de urbanización ao lado do patrimonio, como se tramitou e as irregularidades que se acumulan no expediente administrativo. Outro Garañón na Muralla?
 
Actividades fixas:
 
K-Pop: grupo para aprender e practicar os bailes pertencentes a cancións de K-Pop.
 
Impro asumible: grupo de teatro onde a clave son os xogos e o humor o método de expresar disconformidade. Adéstrase a asertividade e xogos propios de improvisación teatral. Foméntase o humor interseccional e facilitamos un espazo seguro onde loitar contra machismo, racismo, lgtbifobia ou outros sistemas de opresión.
 
Xuntanza colectivo Xestar, parir, criar. Estás embarazada? Buscas información e/ou axuda co teu plan de parto? Falamos de empoderamento, de autocoñecemento, de acompañamento… sen tabúes nun espazo seguro. Todo isto e moito máis é Xestar, parir, criar. Ven coñecernos! +Info en 678864818
 
Se queres máis info sobre algunha das actividades ou eventos: A Hedreira