DEC 2017 As actividades de Nadal gratuítas que terán lugar no Mercado Municipal e na Praza de Abastos arrincarán o venres día 22 de decembro cunha ludoteca, que se desenvolverá de luns a venres, excepto festivos, ata o 5 de xaneiro, en horario de 10:00 a 13:30 horas; para que os nenos e nenas, de 2 a 10 anos, se divirtan mentres os maiores fan as compras de Nadal.
Na ludoteca terán lugar obradoiros de cociña creativa e alimentación saudable así como distintos xogos populares. O aforo da ludoteca é de 15 prazas e o tempo de permanencia nela será dunha duración máxima de hora e media. Para participar non é precisa a inscrición, soamente achegarse ata estas instalacións municipais e cubrir a documentación facilitada polos responsables.
Para o xoves 28 de decembro, o Concello ten preparada unha masterclass a cargo dunha das finalistas de Masterchef Junior 4, Paloma Martínez, a partir das 18:00 horas, nas instalacións do mercado municipal. Con ambas as dúas actividades, o Concello pretende fomentar a vida san e que os nenos e nenas, dende a súa corta idade, aprendan os beneficios dunha alimentación saudable cos produtos de calidade que se venden na Praza de Abastos e no Mercado.
Máis información en www.lugo.gal e no Servizo de Información Municipal 010
– COMPARTE ESTE ARTIGO NAS TÚAS REDES –