Actividades no CSA A Hedreira en Agosto 2025

– CEA VEGANA: Venres 8 ás 21:30, necesaria previa inscrición en csahedreira@riseup.net 

– CINEFÓRUM «I Saw the TV Glow»: Xoves 14 ás 20:00, filme de drama, coming-of-age e terror psicolóxico surrealista, sobre o crecemento de dúas persoas profundamente soas que sofren baixo a opresiva sensación de vivir unha vida falsa nun mundo falso nun tempo baleiro.

– ADESTRAMENTO VISUAL PARA O FUTURO ARTIFICIAL: Domingo 24 ás 19:30, exposición e obradorio práctico para recoñecer a IA xenerativa a simple vista.