ACTUALIZACIÓN 30/12 O concurso de graffiti ten novo gañador. O anterior vencedor decidiu renunciar, polo que o xurado cualificador volveuse reunir e propuxeron, dada dita renuncia, pasar o 2º, 3º e 4º premio outorgado na súa primeira liberación, ao 1º, 2º e 3º premio; quedando a resolución final do seguinte xeito:
Título da obra: Fusión de melloras, do autor Daniel Fernández Vargas
Título da obra: Dar apoio de Anna Repullo Vique
Título da obra: Construír, coidar e disfrutar; de Miguel Cajaraville Mosquera
O concurso de graffiti que convou a área de Benestar Social, e a Federación de Asociacións do ámbito social de Lugo (FADAS) para visibilizar o Lugo social ten gañadores. O xurado, decidiu, de entre 8 deseños participantes, concederlle o primeiro premio á obra Na procura do benestar, de Diego Anido Seijas. O premio, que outorgará Benestar Social, consiste en 1.000 euros e realizar a obra nun muro dun edificio municipal ou espazo público. O segundo premio foi para a obra Fusión de melloras, de Daniel Fernández Vargas, que recibirá 500 euros e o terceiro, que consiste en 200 euros, á obra Dar apoio, de Anna Repullo Vique. Ao resto de obras preseleccionadas, FADAS concederalle un vale de compra de materiais por valor de 100 euros.
Na procura do benestar amosa as vendas nos ollos que teñen moitas persoas, motivo polo cal non se é capaz de ver a tarea social que realiza o voluntariado, senón se necesita. A estrutura das ramas na contorna da muller representa a idea de crecer xuntos e alimentar esa forza para axudar aos máis desfavorecidos. As ramas romperanse senón se coidan.
O xurado estivo composto pola educador social municipal, Eva de la Fuente, o vicedirector da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Alejandro Carro, e unha representante de FADAS, Ana María Bereciartúa. Cabe destacar a participación de persoas usuarias de COGAMI neste certame, que están na posición 5ª a 8ª da preselección.
Benestar Social e FADAS convocaron dito certame para enxalzar o traballo realizado polas asociacións que forman o terceiro sector de acción social de Lugo, ao tempo que se fomentou a arte urbana e se sensibilizou á cidadanía sobre o labor do voluntariado que existe en ditos colectivos.