Jesús Burgo gaña o concurso de fotografía «Estampas de Paz e Acougo»
A área de Participación homenaxeou ao fotógrafo Carlos Valcárcel

 

«Serenidade», de Jesús Burgo, foi a imaxe gañadora dos 600€ do primeiro premio do VII concurso de fotografía «Estampas de Paz e Acougo». O segundo premio, con 400€, foi para Ana Cancio, coa imaxe «Coroa de Hedra». Na terceira posición rematou «Quietude», de Aída Martín, que levou un premio de 200€. 

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, entregou os premios e agradeceu a todas as persoas que presentaron imaxes a súa participación no concurso. Ademais, a área de Participación homenaxeou ao fotógrafo local Carlos Valcárcel, do que Cristina López destacou a obra de Carlos Valcárcel, e afirmou “que perdurará na memoria da cidade de Lugo”-

O concurso este ano tivo como temática a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios.

O xurado valorou a calidade técnica e artística das obras, dándoselle unha especial relevancia á captación da sensación de paz e harmonía coa que se impregnan os recintos dos cemiterios.

O xurado estivo formado polo fotógrafo Eduardo Ochoa, Serafín Saavedra, encargado do Cemiterio Municipal e Carlos Álvarez, traballador da área de Cultura do Concello de Lugo.

Fotografías: Gab. Com. Vello Cárcere e Tenencia de Alcaldía