Os graffitis feitos dentro do Culturban, Urban Cores e Primo de Banksy,  destacados por Street Art Cities, a maior comunidade de arte urbana do mundo.
Lugo no mapa internacional da arte urbana.
Turistas - de Barcelona - fotografando a obra de Diego As

Street Art Cities é a maior plataforma de arte urbana do mundo, na que se achega información dos murais de cada cidade, onde localizalos e información de cada un deles, como por exemplo, o nome do artista, como fixo a súa obra ou onde localizala, está a incorporar a arte urbana realizada en Lugo. Actualmente xa ten rexistradas máis de 34.000 obras de arte dunhas 900 cidades, e ao redor de 90 países entre elas obras de Primo de Banksy ou as do Culturban e Urban Cores da nosa cidade.

Portada de Steet Art Cities cos graffitis de Lugo

Deste xeito, Lugo pasa a ser coñecida internacionalmente grazas ao seu potencial no mundo da arte urbana, con grandes artistas locais (Diego As é campión de España de graffiti), Primo de Banksy,  ou obras de artistas foráneos que dentro dos certames Culturban e Urban Cores están a facer un Lugo visualmente moito máis atractivo (e combativo)

O graffiti de Diego As, que lembra o pasado romano da cidade, foi destacado como unha das obras deste mes por Street Art Cities, . A obra foi elaborada dentro do Festival Urban Cores (promovido por Xuventude con motivo do Arde Lvcvs deste ano). Atópase nun muro de 20 metros de alto, na Rolda, mirando cara a Muralla de Lugo.

Algunhas fotos da elaboración e a obra rematada: